SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  54
Télécharger pour lire hors ligne
• PARA LER A CARÓN DO
LUME, EN TEMPO DE MORTOS
E CASTAÑAS
A NOITE DE SAMAÍN
Pepe Carreiro, Ed. Toxosoutos
O paso dunha estación a outra dáse
exactamente na noite que vai do último
día de outono ao primeiro día de Santos. A
noite de Samaín, ademais de separar o
ano, confunde o mundo do máis alá co
noso mundo terreal. E iso xa é outra
historia. O terror apodérase dos
protagonistas e vai subindo de tono
segundo son visitados polas distintas
pantasmas: Orcabella, a Estadea e mesmo
a máis terríbel das fadas.
TRASMALLO: O TESOURO DE CARRAXE
• Eles crían que co mapa
do tesouro no seu poder
non debería ser difícil
atopalo, pero ás veces,
as cousas máis sinxelas
complícanse, e máis co
pirata Trasmallo e os
seus alumnos polo
medio.
• Gochi, ed. Cerditos de Guinea
TRASMALLO: A SANTA COMPAÑA
• O pirata retirado Trasmallo
montou unha escola no
Barbanza para adestrar
grumetes. O personaxe naceu
nas páxinas da extinta revista
Golfiño. Neste seu segundo
álbum, Trasmallo e os seus
alumnos crúzanse no camiño
da Santa Compaña,
mesturando acción, humor e
aventura con lendas e
paisaxes galegas.
• Gochi, ed. Cerditos de Guinea
COURTNEY CRUMRIN
Y LA ASAMBLEA DE LOS MÍSTICOS
• Courtney acaba de descubrir un novo e
fascinante mundo infestado de bruxas e
feiticeiros, que lle serve para escapar da
súa aburida e mundana existencia. Pero
cando unha serie de horribles crimes
empecen a sacudir á comunidade de
bruxos, darase conta de que a
corrupción e o odio non son algo
exclusivo dos seres humanos. Só a
Asemblea de Místicos parece capaz de
acabar co máis horripilante dos trasgos.
• Ted Naifeh, Norma Editorial
COURTNEY CRUMRIN
EN EL REINO DE CREPÚSCULO
• Terceira entrega da serie
de Courtney Crumrim, con
novas aventuras da xoven
meiga entre o mundo dos
humanos e dos criaturas da
noite.
• Ted Naifeh, Norma Editorial
UN OLLO DE VIDRO
Castelao. Ed. Galaxia
• O conto foi que un día collín o camiño do cimeterio e
atopei ó enterrador, e dispois de falarmos moito díxome
que tiña de contarme en segredo unha cousa, sempre
que eu fose home de ben e amigo leal. Eu fiquei un
pouco encorado polo medo á sorpresa descoñecida e,
dispois de collerme polo ombreiro e arrechegarme os
seus beizos podres á miña orella, díxome
paseniñamente:
—¡Atopei uns papeles nunha caixa…! Nunha caixa que
non sei de quen sería. O esquelete tiña na calivera un
ollo de vidro que me fitaba con senreira.
• A través deste ollo, imos vendo cousas que pasan nos
cemiterios e que nos fan rir e pensar.
A LUS DO CANDIL
• Anxel Fole. Ed. Galaxia
• Á lus do candil é unha colección de quince
relatos nos que a imaxinación e o humor
xogan un papel importante á hora de
desenvolver as sorprendentes historias de
misterio que xorden da vida cotiá. Coma os
contos que se comparten o carón da lareira.
Nesta obra descubrimos un mundo máxico
que se confunde co real, onde por tras das
aparencias xorden historias insospeitadas,
contos de aparecidos, de lobos, de
premonicións e soños fantásticos... Un libro
que hoxe continúa a ofrecer aos lectores e
lectoras toda a intensidade e toda a forza de
sedución da gran literatura.
CONTRA MORTE E AMOR
• Marina Mayoral, ed. Xerais
Os personaxes desta novela nada poden
facer contra a morte e o amor, esas forzas
poderosas que zarandean as súas vidas,
que as unen, que as separan e que as
trastornan.Dá igual que vivan nun barrio
obreiro que nunha luxosa mansión. O amor
vence sempre, e ao final a Morte espera a
súa quenda. O único que se pode facer é
gozar polo menos do camiño.
PAUTO DO DEMO
Ánxel Fole. Ed. Galaxia
Esta obra de teatro presenta un
episodio situado no marco dos
costumes da aldea galega, e trata
temas tan tradicionais como os
espíritos, a maxia, o demo, as bruxas
ou as populares conversas de taberna
nas que todos os personaxes comentan
os feitos máis importantes do lugar. A
linguaxe artificiosa de Don Pancho
contrasta coa mentalidade e a
expresión dos paisanos, dando paso a
unha serie de escenas humorísticas
AS CRÓNICAS DO SOCHANTRE
• Álvaro Cunqueiro, ed. Galaxia
• Son as crónicas dos espectros
que chegan ao lector na voz do
Sochantre Pontivy. Nos tempos
da Revolución Francesa, o
sochantre viaxa polos camiños
da Bretaña acompañado por
unha comitiva de mortos
contadores de historias.
• Historias de misterio e crime que
se convertiron nun clásico da
literatura galega.
MEDIANOCHE
• Claudia Gray. Ed. Montena
• Bianca é unha moza que vai vivir cos seus
pais a un internado. A pesar de que ao
comezo odia este lugar, coñecerá a Lucas,
outro estudante do internado e ademais,
ao ser os seus pais profesores do mesmo,
non lle quedará máis remedio que quedar.
Estes dous achéganse máis un ao outro
até o punto culminante: descóbrese que
Bianca é un vampiro, Lucas, o seu
completo antónimo, un cazador de
vampiros, e o internado unha tapadeira
para instruír alí vampiros que morreron
sendo adolescentes.
LA MUERTE Y OTRAS SORPRESAS
• Mario Benedetti. Ed. Alfaguara
Nesta obra, composta por dezanove
contos, Mario Benedetti trata os
grandes temas que afectan á clase
media das cidades: a soedade, as
dificultades de comunicación, o
medo á morte, os deterioros
provocados polo paso do tempo...
DOS ARQUIVOS DO TRASNO
• Rafael Dieste. Ed.Galaxia
• "O conto é o remuíño que fan arredor dunha
lámpada moitas bolboretas, todas
mergulladas na mesma luz". Esta é unha das
sentenzas que no limiar do libro dá Dieste
sobre a súa forma de entender o relato. E
presenta a continuación contos breves,
intensos, de linguaxe estilizada, nos que o
sobrenatural e o misterioso se introducen na
realidade.
• Que pasaría se o Bieito fose vivo e un dos
que levaba a caixa non se atrevese a dicilo?
E se o dixese?
LA SOMBRA DEL GATO Y
OTROS RELATOS DE TERROR
Concha López Narváez.
Ed. Alfaguara Juvenil
• Este libro contén catro relatos de
terror cuxa acción se sitúa en
circunstancias que se prestan ao
misterio: casas solitarias no campo,
bosques sombríos, illas perdidas,
etc. Os protagonistas deixan
escapar o mal en lugar de controlalo.
Este mal medra e vaise
transformando en terror. As historias
van sendo cada vez máis intrigantes,
e o bo estilo co que están escritas
axuda a manter a tensión e o
interese. Nesta obra, Concha López
Narváez consegue que ao lector se
lle corte a respiración.
LA MUERTE ACECHA
• Alfred Hitchcock, ed. Pocket Edhasa
• O famoso director de
cine A. Hitchcock
reúne neste volume
narracións de
misterio e suspense
en torno a morte.
CREPÚSCULO
• “Hai tres cousas das que estou
completamente segura. Primeira,
Edward é un vampiro. Segunda, unha
parte del tolea por beber o meu sangue.
E terceira, estou total e perdidamente
namorada del”.
• Cando Isabella Swan se muda a Forks,
pensa que é o máis aburrido que lle
podía ocorrer na vida. Pero esta dá un
xiro excitante e aterrador unha vez que
se atopa co misterioso e seductor
Edward Cullen. Até ese momento,
Edgard amañouse para manter en
segredo a súa identidade vampírica,
pero agora ninguén se atopa a salvo, e
principalmente Isabella, a persoa a quen
máis quere Edward...
Stephenie Meyer. Ed.Alfaguara
LUNA NUEVA
Para Bella Swan, hai unha cousa
máis importante que a súa propia
vida: Edward Cullen. Pero
namorarse dun vampiro é máis
perigoso do que ela nunca podería
imaxinar. Edward xa rescatou a
Bella das gadoupas dun diabólico
vampiro, mais agora, a medida que
a súa arriscada relación ameaza
todo o que é próximo e querido
para eles, danse conta de que os
seus problemas non fan mais que
comezar.
Stephenie Meyer. Ed.Alfaguara
ECLIPSE
• Mentres Seatle é arrasada por unha
estraña oleada de asasinatos, e unha
maliciosa vampiresa continúa a súa
busca de vinganza, Bella atópase
outra vez rodeada de perigo. Vese
obrigada a decidir entre o seu amor
por Edward ou a súa amizade con
Jacob... sabendo que a súa decisión
ten o potencial para avivar a
centenaria loita entre vampiros e
homes lobo. Coa súa graduación
aproximándose rapidamente, ten
outra decisión máis que tomar: vida
ou morte, pero... Cal é cal?.
Stephenie Meyer. Ed. Alfaguara
AMANECER
Stephenie Meyer. Ed. Alfaguara
• Edward e Bella casan nunha gran
cerimonia organizada por Alice e
pasan a súa lúa de mel na Illa
Esme. Bela queda embarazada e o
rápido crecemento do feto metade
humano metade vampiro afectan a
súa saúde e lévana ao bordo da
morte. Edward trata de convencela
de abortar o bebé para salvar a súa
propia vida, pero Bela sente un lazo
co seu fillo non-nato e insiste en
telo.
A LEI DAS ÁNIMAS
A novela comeza cando unha parella
volve para a súa casa despois de pasar
un día na enigmática e fermosa praia
das Catedrais. Entre a néboa, prodúcese
un crime violento e estraño que chamará
a atención do capitán da Garda Civil
Agapito Landín, que decide trasladarse
dende Madrid para investigar o caso.
Nestas aparecen Nivardo Castro e
Carlos Conde, que seguirán o crime cun
dobre obxectivo: axudar na investigación
e conseguir un bo titular para o xornal.
Así comeza unha aventura na que as
forzas deste mundo e as do outro se
xuntan nunha conxunción misteriosa,
enigmática e mesmo perigosa.
• Carlos Reigosa. Ed. Galaxia
AS BRUXAS
• Roald Dahl, Ed. Xerais
• Pensades que as bruxas son
mulleres que visten de negro, levan
grandes sombreiros e voan en
vasoiras? Pensades que viven en
covas no alto da montaña e pasan o
día facendo encantamentos? Pois...
Estades equivocados. O
protagonista desta novela sabe que,
realmente, as bruxas son moi, moi
parecidas ás mulleres de verdade...
(a todas as mulleres?)
VAMPIRO A MI PESAR
• Andreu Martín, ed. Anaya
• Un neno chamado Ilya é atacado un día por un
home lobo. Á mañá seguinte o seu pai tenta
espertalo para que empece coas tarefas de
campo de todos os días. Con moita pena dano
por morto, e comezan os preparativos do
velorio. Pero Ilya non estaba en verdade morto
senón que lle deu un ataque de catalepsia. No
medio do velorio o neno recupérase do seu
malestar o que provoca o pánico de todos os
presentes que cren que o ataque do home
lobo converteu a Ilya nun vampiro.
• O neno logra fuxir e sálvase así dunha morte
segura. Aquí é cando empezan os seus
verdadeiros problemas: el cre que é un
vampiro, o seu pai tamén, pero non pode
converterse nin en morcego nin en lobo e o
que é peor, dálle moito noxo o sangue. Que
facer?
LA PUERTA OSCURA. EL VIAJERO
• Hai dez minutos, Pascal non
sabía que estaba completamente
namorado.
• Hai cinco minutos, non sabía que
a súa vida ía convertirse nunha
carreira contrareloxo.
• Hai un minuto, non sabia que a
porta escura conducía ao
mesmo inferno.
• Agora, no mundo dos mortos, a
morte non é a peor das opcións.
• David Lozano, ed. SM
CONFESIONES DE UN VAMPIRO
• Anne Rice, ed. Timun Mas
• Louis, un antigo propietario de ascendencia
francesa desesperado pola morte da súa
esposa e fillo, é un vampiro que decide contar a
súa historia. Tanto invoca á morte que Lestat,
un vampiro que vive dende hai catrocentos
anos, acode á súa chamada e convértelle, por
medio dunha dentada, nun ser desapiadado e
inmortal en contra da súa propia vontade. A súa
única alegría será unha nena, Claudia, á que
paradoxalmente, salvará da morte mordéndoa.
Desde entón, a historia pasa por diferentes
estadios: a descrición da familia de vampiros, a
fartura de Louis e a súa inconformidade co seu
estado actual, a morte da nena rebelde ou o
enfrontamento co máis vello dos vampiros,
Armand que está namorado de Louis
LESTAT, EL VAMPIRO
• Anne Rice, ed. Punto de Lectura
• Moi diferente dos vampiros clásicos,
aínda que tamén sexa inmortal e se
alimente de sangue humano, o vampiro
Lestat ten pouco que ver cos mortos: ao
contrario, é un personaxe cheo de vida
cuxa apaixonante biografía abarca
desde o lascivo París do século XVIII á
Roma de Augusto e a Bretaña dos
druídas; desde o Exipto satánico da
prehistoria ao mundo frenético das
estrelas do rock... Toda a historia,
practicamente, mentres busca o
segredo da súa propia inmortalidade.
LA VISITA DEL VAMPIRO
• César Fdez García, ed. Siruela
• Noite de Halloween. Un morcego cun
medallón colgado ao pescozo voa ao
redor da casa de Pablo. Pouco
despois, a familia recibe a visita dun
estraño parente que vén dun país
afastado: trae unha estraña caixa
repleta de diminutos buracos e leva un
medallón semellante ao do morcego.
Para Pablo está claro: o seu tío
Ernesto é un vampiro... A partir de
agora, Pablo e a súa irmá Lida terán
que vencer os seus propios medos se
queren saber máis achega do
inquietante personaxe. A vida esconde
misterios, medos, perigos e, se sabes
buscar, tamén moita felicidade.
LOS VAMPIROS NO CREEN EN FLANAGANS
• Ándreu Martín, ed. Anaya
• Johnny Flanagan, un estudante de dezasete
anos que se dedica a resolver casos de
misterio no seu tempo libre, decide pasar o fin
de ano coa súa noiva e os amigos desta na
aldea de Floc, un pequeno pobo dos Pireneos
no que hai algúns anos un suposto vampiro
deu morte a catro persoas.
• O desexo de pescudar o que ocorreu
verdadeiramente na aldea fai que os
protagonistas vivan perigosas aventuras no
hotel dos Cumes en Floc.
EL PEQUEÑO VAMPIRO
• Angela Sommer-Bodenburg, ed. Alfaguara
• Saga de novelas que tratan da
amizade entre o neno humano Anton e
o neno vampiro Rüdiger. Anton vive
inquietantes aventuras entre os
vampiros, acompañado por Rüdiger,
que adoita visitalo aparecendo
inesperadamente no alféizar da súa
xanela. Unha das dificultades ás que
se enfrontan é a de tratar de evitar que
os pais de Anton cheguen a decatarse
de que Rüdiger é un vampiro.
ALMUERZO DE VAMPIROS
• Carlos Franz, ed. Alfaguara
• Novela gótica ambientada en Chile en
dous espazos temporais: a dictadura de
Pinochet e o Chile democrático.
• Nunha cafetería de moda dunha gran
cidade, dous antigos alumnos
descubren que o seu prfesor de
literatura, desaparecido na dictadura
trinta anos atrás, aínda está vivo. É
posible que o seu profesor esté
convertido nun vampiro xa que en
palabras do propio autor, moita xente
"no pudo evitar dejarse el alma en el
camino y se ha convertido sin saberlo
en vampiro"
GHOSTGIRL
• Tonia Hurley, ed. Alfaguara
• Charlotte Usher séntese
practicamente invisible ata que un
día o é de verdade. Peor aínda: está
morta. E todo por culpa dun osiño de
goma!
• Pero a morte non impide que
Charlotte siga co seu plan. Todo o
contrario, vólvese moito máis
creativa e fará calquera cousa por
conseguir o seu obxectivo: ser
popular para seducir ao mozo que
lle gusta.
CARTAS DE INVERNO
• Aos amantes das historias de misterio
gustaravos este libro. Tareixa Louzao
recibe un voluminoso sobre enviado
polo seu irmán Xabier desde un lugar
Doroña (Vilamaior). No seu interior
atopa unha carta e outro sobre fechado.
Na carta Xabier indícalle que non abra o
sobre e que, en caso de non ter noticias
del nunha semana, llo entregue ao
Inspector Soutullo da Comisaría de
Vigo. Pero Tareixa non resiste a
tentación e abre o sobre. Así atopa as
cartas que lle enviara a Xabier o seu
amigo o pintor Adrián Louzao nas que
lle conta os terribles sucesos que están
acontecendo na casa que acaba de
mercar.
• Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais
AIRE NEGRO
• Tres anos despois de ocorridos os
feitos, un ex psiquiatra cóntanos
unha experiencia estarrecedora coa
súa primeira paciente. Imos
coñecendo por el e mais pola voz
narradora de Laura Novo a historia
da aparición da Gran Besta, un ser
monstruoso que habita nunha cova.
Con elementos de novela psicolóxica
e de misterio, esta historia de amor
imposible é unha auténtica viaxe ao
corazón das tebras.
• Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais
DRÁCULA
• Levada ao cinema en numerosas
ocasións, esta novela universal agocha,
tras o mito do vampiro, asuntos humanos
fundamentais que todas as persoas
senten e coñecen. O autor fai confluír en
Drácula dúas tradicións: o vampiro
literario e o folclórico. O vampiro, esa
alma diabólica condenada a vagar
eternamente sen repouso, está presente
en moitas culturas, porque en todas elas o
sangue se percibe como unha forma de
enerxía vital.
• Bram Stoker, ed. Anaya
FRANKENSTEIN
• O doutor Frankestein ten un
soño: crear un ser humano vivo
a partir de restos mortais.
Axuudado polo seu criado Fritz
intérnase durante a noite nos
cemiterios da localidade para
roubar a materia prima.
• Mary Shelley, ed. Anaya
LEYENDAS
• Gustavo Adolfo Bécquer, ed.
Espasa-Calpe
• Recompilación de lendas de
diversas procedencias,
aínda que españolas na
súa maioría. Atopamos
entre elas algunhas
fantasmagóricas, como
‘Maese Pérez el organista’,
“El monte de las ánimas”...
OTRA VUELTA DE TUERCA
• Unha institutriz chega a
unha vella mansión
inglesa para encargarse
da educación de dous
irmáns. Os nenos
reciben periodicamente a
visita de sus antigos
preceptores... Xa
falecidos.
• Henry James, ed. Anaya
EL GATO NEGRO
• Edgar Allan Poe, ed. Anaya
• Once relatos entre os que se
atopan algúns dos contos máis
célebres de E. A. Poe. Espazos
pechados, amores fúnebres,
mares tenebrosos, tumbas,
cadáveres, sangue e esa típica
opresión psicolóxica que procede
do extraordinario, é dicir, do que
está máis aló dos sentidos, de
toda natureza, de calquera lóxica.
CUENTOS
• Edgar Allan Poe, ed. Alianza
• O primeiro volume reúne
contos de terror e o
segundo contos máis
fermosos e filosóficos,
ambos na magnífica
tradución de J. Cortázar.
DR. JEKYLL E MR. HYDE
• A novela sitúase na cidade de
Londres, no inverno de 1884. Nesta
cidade envolta en néboa e frío
comenzan a suceder feitos macabros.
O señor Utterson, un prestixioso
avogado londinense, notario do
doutor Jekyll, rele o testamento que
deixou o científico: ‘Eu, o firmante
Henry Jekyll, desexo que a miña
morte todos os meus bens pasen ao
meu gran amigo e benefactor Edward
Hyde”.
• R.L. Stevenson, Edicións Xerais
ANTOLOGIA. LOS MEJORES RELATOS DE TERROR
Varios autores, ed. Alfaguara
• Os mellores relatos de de
terror e autores
consagrados coma Poe,
Gautier, Bierce, Jacobs,
Wells, Machen, Quiroga,
Lovecraft... Selecionados
por M. Molina
ANTOLOGÍA DE CUENTOS DE TERROR
• Tres volumes nos que se
recollen relatos de A. Machen,
A. Blacwood, O. Onions, W.
Fernandez Florez, H.
Lovecraft, L. De Vega, D.
Defoe, D. Sade, E. A. Poe, W.
Scott, M. G. Lewis, Ch.
Nordier, Ch. Dikens, J.
Sheridan Le Fanu, M. Olipfant,
P. A. Alarcon, G.A. Becquer
• Varios Autores, ed. Alianza
RELATOS DE TERROR
• Relatos de terror reune oito relatos de
Lovecraft que mostran como este xenial
autor foi o inventor dun novo xénero, o
conto materialista de terror, no que
utiliza os símbolos que perviven no
inconsciente das persoas para espertar
eses terrores ancestrais que xacen
dentro do noso cerebro. Trátase desa
literatura de terror " cósmico " que se
dirixe á parte máis profunda do cerebro,
dominada polos instintos e emocións
que están na orixe do xénero humano.
• H.P. Lovecraft, Edicións Xerais
RELATOS FANTÁSTICOS
• H.P. Lovecraft, Edicións Xerais
• Este volume reúne seis relatos fantásticos de
Lovecraft que, a través dunha atmósfera moi
especial, penetran na mente do lector ó longo
destas páxinas maxistrais que abalan entre o
medo e a fantasía. Aquí están moitos dos
seus temas e obsesións: as civilizacións
secretas que habitan no fondo do mar, os
monumentos ciclópeos que remiten a unha
realidade anterior á vida humana sobre a
terra, os sucesos que contradín as leis da
natureza, os cultos sacrílegos a deuses
innomeables...
EL CASO DE CHARLES DEXTER WARD
• H.P. Lovecraft, ed. Alianza
• Baseada no coñecido asunto das
Bruxas de Salem en 1692 e
ambientada na súa Providence natal,
o autor relata os estraños eventos
que rodean ao protagonista (Charles
Dexter Ward) e ao seu misterioso
antepasado, o ocultista Joseph
Curwen, desaparecido en vésperas
da Guerra da Independencia dos
Estados Unidos. Excelente
combinación de relato policial cos
Mitos de Cthulhu cun emocionante
duelo máxico como final.
LOS MITOS DE CTHULHU
• Ciclo de literatura de terror fantástico ,
producto dun traballo colectivo de
escritores do círculo de H. Ph.
Lovecraft.
• Converte o horror gótico de pantasmas
e seres inmateriais nun terror material,
nunha sorte de terror psicolóxico
completamente irracional . Así, as
divindades de pobos case
desaparecidos resultan ser entidades
alieníxenas blasfemas e habitualmente
irracionais que loitan e compiten en
ciclos de destrución fronte ao home.
• H.P. Lovecraft, ed. Alianza
EN LAS MONTAÑAS DE LA LOCURA
• Memoria dun grupo de científicos
que narra os seus descubrimentos
nunha expedición á Antártida
• Enmarcado no ciclo dos mitos de
Cthulhu, describe a historia dos
Primordiais dende a súa chegada
á Terra, no medio das tebras
primigenias, até a súa suposta
desaparición. Completan o volume
«A Casa Maldita», orixinal
reelaboración dun argumento de
vampirismo, e «Os soños da Casa
da Bruxa».
• H.P. Lovecraft, ed. Alianza
EL HORLA Y OTROS CUENTOS
FANTÁSTICOS
• Guy de Maupassant, ed. Alianza
• Dezaoito relatos de G. de Maupassanta nos
que o misterio, a tolemia, os crimes de
escura orixe, o suicidio, o medo e a soidade
son os protagonistas. Neles o elemento
fantástico introdúces na vida cotiá; é o
incognoscible que rolda en torno ao home,
pero tamén o reflexo das pantasmas que
habitan o seu cerebro.
• Contén obras mestras coma El Horla, A
tolemia, o medo e a morte coa Tola, O medo
e a man, o tema da guerra franco-prusiana
en Nai Sauvage e Mademoiselle Fifí. O
Maupassant máis simbolista e poético en
Sobre a auga. E relatos mundanos, non
exentos de humor, nas irmás Rondoli e O
crime do tío Boniface.
CUENTOS DE UN SOÑADOR
• Lord Dunsay, ed. Alianza
• Dezaseis relatos breves en torno
a tradiciones populares, épica
celta e exotismo oriental que nos
describen un mundo fantástico
cheo de matices e detalles, sen
relación con fantasías anteriores.
Escritos nunha coidada linguaxe,
convértense nos pioneiros da
fantasía heroica e tiveron unha
influencia decisiva nos primeiros
relatos de Lovecraft.
LA CASA DE LOS ESPÍRITUS
• Narra a saga familiar dos Trueba,
ao longo do século
XX.Maxistralmente ambientada
nalgún lugar de América Latina, a
novela sigue paso a paso o
dramático e extravagante destino
duns personaxes atrapados nun
entorno sorprendente e
misterioso. Unha novela de
impecable pulso estilístico e
aguda lucidez histórica e social.
• Isabel Allende, ed. Plaza y Janés
CUMBRES BORRASCOSAS
• Emily Brontë, ed. Cátedra
• Heathcliff é un neno abandonado ao
que recolle o señor Earnshaw e
decide crialo como a un fillo na súa
casa, Cumbres Borrascosas. O rapaz
deseguido gaña o afecto da filla do
dono, Catherine (Cathy) e o odio do
irmán maior desta, Hindley. Catherine
Earnshaw e Heathcliff desenvolven
unha relación de dependencia mutua
ao longo da súa vida, desde a
infancia até máis aló da morte.
• Unha historia de amor e de vinganza,
de odio e tolemia, de vida e de
morteao longo de dúas xeracións.
JANE EYRE
• Charlotte Brontë, ed. Cátedra
• A orfa Jane Eyre vive coa súa tía e as súas
curmás. Cando se rebela polo mal trato que
recibe, mándana ao internado de Lowood,
no que pasa oito anos, os dous últimos
como profesora.
• Con dezaoito anos é contratada como
institutriz en Thornfield Hall para coidar de
Adèle, unha nena que depende do dono da
casa, Edward Rochester. As relacións de
Jane con Rochester evolucionan cara ao
namoramento, pero cando están a punto de
casar, descóbrese que Rochester ten unha
esposa tola. Jane fuxe.
• Cando está a punto de refacer a súa vida
coa familia Rivers, Jane sinte unha
imperiosa chamada...
ANCHO MAR DE LOS SARGAZOS
• Jean Rhys, ed. Anagrama
• Conta historia de Antoinette
Cosway, a primeira señora de
Rochester (o enigmático personaxe
da novela Jane Eyre de Charlotte
Brontë), a esposa tola que viviu
encerrada na bufarda de Thornfield
Hall e suicidouse no incendio que
ela mesma provocara.
• Jane Rhys fai unha versión libre do
personaxe esbozado por Ch.
Brontë, creando un personaxe
feminino desgarrado e apaixoante.
• Todos estes libros están agardando por ti na
biblioteca do IES de Melide, Ven a velos!!

Contenu connexe

Tendances

Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017iessalvabiblio
 
Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016iessalvabiblio
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectorasBiblioBece
 
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de MiñoAgustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miñoiessalvabiblio
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"trafegandoronseis
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaMeigamaior
 
Contos pola igualdade
Contos pola igualdadeContos pola igualdade
Contos pola igualdadeceeabarcia
 
Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 aesperela
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017iessalvabiblio
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Olga Lalín
 
Década dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresDécada dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresnoagaliza
 
Guía de lectura infantil. verán 2012.galego
Guía de lectura infantil. verán 2012.galegoGuía de lectura infantil. verán 2012.galego
Guía de lectura infantil. verán 2012.galegoBibliotecadicoruna
 
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORASRECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORASaesperela
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)Xenza
 
Guía nadal 13
Guía nadal 13Guía nadal 13
Guía nadal 13aesperela
 

Tendances (20)

Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
 
Recomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6ºRecomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6º
 
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de MiñoAgustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
 
Present3ªav
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªav
 
Contos pola igualdade
Contos pola igualdadeContos pola igualdade
Contos pola igualdade
 
Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018
 
Década dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresDécada dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autores
 
Guía de lectura infantil. verán 2012.galego
Guía de lectura infantil. verán 2012.galegoGuía de lectura infantil. verán 2012.galego
Guía de lectura infantil. verán 2012.galego
 
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORASRECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 
Recomendacións
RecomendaciónsRecomendacións
Recomendacións
 
Guía nadal 13
Guía nadal 13Guía nadal 13
Guía nadal 13
 

En vedette

MODA NO IES DE MELIDE
MODA NO IES DE MELIDEMODA NO IES DE MELIDE
MODA NO IES DE MELIDESusana Losada
 
Aprendendo a ser profe
Aprendendo a ser profeAprendendo a ser profe
Aprendendo a ser profeSusana Losada
 
Lendo en grego polas rúas de Atenas
Lendo en grego polas rúas de AtenasLendo en grego polas rúas de Atenas
Lendo en grego polas rúas de AtenasSusana Losada
 
Heroes griegos cultura clasica
Heroes  griegos cultura clasicaHeroes  griegos cultura clasica
Heroes griegos cultura clasicaccl051011
 
Viaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de Ames
Viaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de AmesViaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de Ames
Viaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de AmesSusana Losada
 
Héroes Mitologia vs Heroes actuales
Héroes Mitologia vs Heroes actualesHéroes Mitologia vs Heroes actuales
Héroes Mitologia vs Heroes actualessemgrec
 

En vedette (13)

Viaxe a Grecia 2011
Viaxe a Grecia 2011Viaxe a Grecia 2011
Viaxe a Grecia 2011
 
MODA NO IES DE MELIDE
MODA NO IES DE MELIDEMODA NO IES DE MELIDE
MODA NO IES DE MELIDE
 
Eneas
EneasEneas
Eneas
 
Aprendendo a ser profe
Aprendendo a ser profeAprendendo a ser profe
Aprendendo a ser profe
 
Cinema de romanos
Cinema de romanosCinema de romanos
Cinema de romanos
 
Lendo en grego polas rúas de Atenas
Lendo en grego polas rúas de AtenasLendo en grego polas rúas de Atenas
Lendo en grego polas rúas de Atenas
 
Historia do libro
Historia do libroHistoria do libro
Historia do libro
 
Quintiliano y Lucano
Quintiliano y LucanoQuintiliano y Lucano
Quintiliano y Lucano
 
Heroes griegos cultura clasica
Heroes  griegos cultura clasicaHeroes  griegos cultura clasica
Heroes griegos cultura clasica
 
A guerra de Troia
A guerra de TroiaA guerra de Troia
A guerra de Troia
 
Viaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de Ames
Viaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de AmesViaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de Ames
Viaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de Ames
 
Héroes griegos
Héroes griegosHéroes griegos
Héroes griegos
 
Héroes Mitologia vs Heroes actuales
Héroes Mitologia vs Heroes actualesHéroes Mitologia vs Heroes actuales
Héroes Mitologia vs Heroes actuales
 

Similaire à Lecturas a carón do lume

Guía nadal 12
Guía nadal 12 Guía nadal 12
Guía nadal 12 aesperela
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blogangelciencia
 
Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadasvorusky
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosIES Eduardo Blanco Amor
 
Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016bibliobrozos
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012aesperela
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Contos Estraños
 
Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014 Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014 NEDIBIBLIOTECA
 
Presentación1 guía de verán 2013
Presentación1 guía de verán 2013Presentación1 guía de verán 2013
Presentación1 guía de verán 2013faustinomartin
 
Lecturas que están de medo!!
Lecturas que están de medo!!Lecturas que están de medo!!
Lecturas que están de medo!!loboagualada
 
Recomendacións de lectura semana santa
Recomendacións de lectura   semana santaRecomendacións de lectura   semana santa
Recomendacións de lectura semana santaIES VALADARES
 
Guía de lectura- Secundaria
Guía de lectura- SecundariaGuía de lectura- Secundaria
Guía de lectura- Secundariapazlorenzo
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015iessalvabiblio
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Carmen165
 
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigoDia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigocrocaio
 
Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13ana alvarez
 

Similaire à Lecturas a carón do lume (20)

Guía nadal 12
Guía nadal 12 Guía nadal 12
Guía nadal 12
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
 
Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadas
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
 
Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
 
Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014 Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014
 
Presentación1 guía de verán 2013
Presentación1 guía de verán 2013Presentación1 guía de verán 2013
Presentación1 guía de verán 2013
 
Sux. Biblio Xanela decembro 2019
Sux. Biblio Xanela decembro 2019Sux. Biblio Xanela decembro 2019
Sux. Biblio Xanela decembro 2019
 
Lecturas que están de medo!!
Lecturas que están de medo!!Lecturas que están de medo!!
Lecturas que están de medo!!
 
LIBROS TERROR
LIBROS TERRORLIBROS TERROR
LIBROS TERROR
 
Recomendacións de lectura semana santa
Recomendacións de lectura   semana santaRecomendacións de lectura   semana santa
Recomendacións de lectura semana santa
 
Guía de lectura- Secundaria
Guía de lectura- SecundariaGuía de lectura- Secundaria
Guía de lectura- Secundaria
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
 
Lecturas verán blog 2012
Lecturas verán blog 2012Lecturas verán blog 2012
Lecturas verán blog 2012
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...
 
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigoDia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
 
Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13
 

Plus de Susana Losada

Plus de Susana Losada (20)

Viaxe a Sicilia 2013
Viaxe a Sicilia 2013Viaxe a Sicilia 2013
Viaxe a Sicilia 2013
 
10 Anos de Prestige
10 Anos de Prestige10 Anos de Prestige
10 Anos de Prestige
 
Aprendendo a resumir
Aprendendo a resumirAprendendo a resumir
Aprendendo a resumir
 
Viaxe a Mérida e Andalucía
Viaxe a Mérida e AndalucíaViaxe a Mérida e Andalucía
Viaxe a Mérida e Andalucía
 
Moda Clasica
Moda ClasicaModa Clasica
Moda Clasica
 
Radiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaRadiografía do Idioma
Radiografía do Idioma
 
Viaxe a Tarraco e Sagunt
Viaxe a Tarraco e SaguntViaxe a Tarraco e Sagunt
Viaxe a Tarraco e Sagunt
 
Hipatia
HipatiaHipatia
Hipatia
 
Antiga Roma Share
Antiga Roma ShareAntiga Roma Share
Antiga Roma Share
 
Antiga Grecia
Antiga GreciaAntiga Grecia
Antiga Grecia
 
Recursos para biliotecas
Recursos para biliotecasRecursos para biliotecas
Recursos para biliotecas
 
Edipo
EdipoEdipo
Edipo
 
Perseo
PerseoPerseo
Perseo
 
Xasón e os Argonautas
Xasón e os ArgonautasXasón e os Argonautas
Xasón e os Argonautas
 
Orfeo
OrfeoOrfeo
Orfeo
 
Teseo e o ciclo cretense
Teseo e o ciclo cretenseTeseo e o ciclo cretense
Teseo e o ciclo cretense
 
Heracles/Hércules
Heracles/HérculesHeracles/Hércules
Heracles/Hércules
 
Odisea
OdiseaOdisea
Odisea
 
Deuses Olímpicos
Deuses OlímpicosDeuses Olímpicos
Deuses Olímpicos
 
A orixe do mundo na mitoloxía grega
A orixe do mundo na mitoloxía gregaA orixe do mundo na mitoloxía grega
A orixe do mundo na mitoloxía grega
 

Lecturas a carón do lume

  • 1. • PARA LER A CARÓN DO LUME, EN TEMPO DE MORTOS E CASTAÑAS
  • 2. A NOITE DE SAMAÍN Pepe Carreiro, Ed. Toxosoutos O paso dunha estación a outra dáse exactamente na noite que vai do último día de outono ao primeiro día de Santos. A noite de Samaín, ademais de separar o ano, confunde o mundo do máis alá co noso mundo terreal. E iso xa é outra historia. O terror apodérase dos protagonistas e vai subindo de tono segundo son visitados polas distintas pantasmas: Orcabella, a Estadea e mesmo a máis terríbel das fadas.
  • 3. TRASMALLO: O TESOURO DE CARRAXE • Eles crían que co mapa do tesouro no seu poder non debería ser difícil atopalo, pero ás veces, as cousas máis sinxelas complícanse, e máis co pirata Trasmallo e os seus alumnos polo medio. • Gochi, ed. Cerditos de Guinea
  • 4. TRASMALLO: A SANTA COMPAÑA • O pirata retirado Trasmallo montou unha escola no Barbanza para adestrar grumetes. O personaxe naceu nas páxinas da extinta revista Golfiño. Neste seu segundo álbum, Trasmallo e os seus alumnos crúzanse no camiño da Santa Compaña, mesturando acción, humor e aventura con lendas e paisaxes galegas. • Gochi, ed. Cerditos de Guinea
  • 5. COURTNEY CRUMRIN Y LA ASAMBLEA DE LOS MÍSTICOS • Courtney acaba de descubrir un novo e fascinante mundo infestado de bruxas e feiticeiros, que lle serve para escapar da súa aburida e mundana existencia. Pero cando unha serie de horribles crimes empecen a sacudir á comunidade de bruxos, darase conta de que a corrupción e o odio non son algo exclusivo dos seres humanos. Só a Asemblea de Místicos parece capaz de acabar co máis horripilante dos trasgos. • Ted Naifeh, Norma Editorial
  • 6. COURTNEY CRUMRIN EN EL REINO DE CREPÚSCULO • Terceira entrega da serie de Courtney Crumrim, con novas aventuras da xoven meiga entre o mundo dos humanos e dos criaturas da noite. • Ted Naifeh, Norma Editorial
  • 7. UN OLLO DE VIDRO Castelao. Ed. Galaxia • O conto foi que un día collín o camiño do cimeterio e atopei ó enterrador, e dispois de falarmos moito díxome que tiña de contarme en segredo unha cousa, sempre que eu fose home de ben e amigo leal. Eu fiquei un pouco encorado polo medo á sorpresa descoñecida e, dispois de collerme polo ombreiro e arrechegarme os seus beizos podres á miña orella, díxome paseniñamente: —¡Atopei uns papeles nunha caixa…! Nunha caixa que non sei de quen sería. O esquelete tiña na calivera un ollo de vidro que me fitaba con senreira. • A través deste ollo, imos vendo cousas que pasan nos cemiterios e que nos fan rir e pensar.
  • 8. A LUS DO CANDIL • Anxel Fole. Ed. Galaxia • Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos que se comparten o carón da lareira. Nesta obra descubrimos un mundo máxico que se confunde co real, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos... Un libro que hoxe continúa a ofrecer aos lectores e lectoras toda a intensidade e toda a forza de sedución da gran literatura.
  • 9. CONTRA MORTE E AMOR • Marina Mayoral, ed. Xerais Os personaxes desta novela nada poden facer contra a morte e o amor, esas forzas poderosas que zarandean as súas vidas, que as unen, que as separan e que as trastornan.Dá igual que vivan nun barrio obreiro que nunha luxosa mansión. O amor vence sempre, e ao final a Morte espera a súa quenda. O único que se pode facer é gozar polo menos do camiño.
  • 10. PAUTO DO DEMO Ánxel Fole. Ed. Galaxia Esta obra de teatro presenta un episodio situado no marco dos costumes da aldea galega, e trata temas tan tradicionais como os espíritos, a maxia, o demo, as bruxas ou as populares conversas de taberna nas que todos os personaxes comentan os feitos máis importantes do lugar. A linguaxe artificiosa de Don Pancho contrasta coa mentalidade e a expresión dos paisanos, dando paso a unha serie de escenas humorísticas
  • 11. AS CRÓNICAS DO SOCHANTRE • Álvaro Cunqueiro, ed. Galaxia • Son as crónicas dos espectros que chegan ao lector na voz do Sochantre Pontivy. Nos tempos da Revolución Francesa, o sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañado por unha comitiva de mortos contadores de historias. • Historias de misterio e crime que se convertiron nun clásico da literatura galega.
  • 12. MEDIANOCHE • Claudia Gray. Ed. Montena • Bianca é unha moza que vai vivir cos seus pais a un internado. A pesar de que ao comezo odia este lugar, coñecerá a Lucas, outro estudante do internado e ademais, ao ser os seus pais profesores do mesmo, non lle quedará máis remedio que quedar. Estes dous achéganse máis un ao outro até o punto culminante: descóbrese que Bianca é un vampiro, Lucas, o seu completo antónimo, un cazador de vampiros, e o internado unha tapadeira para instruír alí vampiros que morreron sendo adolescentes.
  • 13. LA MUERTE Y OTRAS SORPRESAS • Mario Benedetti. Ed. Alfaguara Nesta obra, composta por dezanove contos, Mario Benedetti trata os grandes temas que afectan á clase media das cidades: a soedade, as dificultades de comunicación, o medo á morte, os deterioros provocados polo paso do tempo...
  • 14. DOS ARQUIVOS DO TRASNO • Rafael Dieste. Ed.Galaxia • "O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz". Esta é unha das sentenzas que no limiar do libro dá Dieste sobre a súa forma de entender o relato. E presenta a continuación contos breves, intensos, de linguaxe estilizada, nos que o sobrenatural e o misterioso se introducen na realidade. • Que pasaría se o Bieito fose vivo e un dos que levaba a caixa non se atrevese a dicilo? E se o dixese?
  • 15. LA SOMBRA DEL GATO Y OTROS RELATOS DE TERROR Concha López Narváez. Ed. Alfaguara Juvenil • Este libro contén catro relatos de terror cuxa acción se sitúa en circunstancias que se prestan ao misterio: casas solitarias no campo, bosques sombríos, illas perdidas, etc. Os protagonistas deixan escapar o mal en lugar de controlalo. Este mal medra e vaise transformando en terror. As historias van sendo cada vez máis intrigantes, e o bo estilo co que están escritas axuda a manter a tensión e o interese. Nesta obra, Concha López Narváez consegue que ao lector se lle corte a respiración.
  • 16. LA MUERTE ACECHA • Alfred Hitchcock, ed. Pocket Edhasa • O famoso director de cine A. Hitchcock reúne neste volume narracións de misterio e suspense en torno a morte.
  • 17. CREPÚSCULO • “Hai tres cousas das que estou completamente segura. Primeira, Edward é un vampiro. Segunda, unha parte del tolea por beber o meu sangue. E terceira, estou total e perdidamente namorada del”. • Cando Isabella Swan se muda a Forks, pensa que é o máis aburrido que lle podía ocorrer na vida. Pero esta dá un xiro excitante e aterrador unha vez que se atopa co misterioso e seductor Edward Cullen. Até ese momento, Edgard amañouse para manter en segredo a súa identidade vampírica, pero agora ninguén se atopa a salvo, e principalmente Isabella, a persoa a quen máis quere Edward... Stephenie Meyer. Ed.Alfaguara
  • 18. LUNA NUEVA Para Bella Swan, hai unha cousa máis importante que a súa propia vida: Edward Cullen. Pero namorarse dun vampiro é máis perigoso do que ela nunca podería imaxinar. Edward xa rescatou a Bella das gadoupas dun diabólico vampiro, mais agora, a medida que a súa arriscada relación ameaza todo o que é próximo e querido para eles, danse conta de que os seus problemas non fan mais que comezar. Stephenie Meyer. Ed.Alfaguara
  • 19. ECLIPSE • Mentres Seatle é arrasada por unha estraña oleada de asasinatos, e unha maliciosa vampiresa continúa a súa busca de vinganza, Bella atópase outra vez rodeada de perigo. Vese obrigada a decidir entre o seu amor por Edward ou a súa amizade con Jacob... sabendo que a súa decisión ten o potencial para avivar a centenaria loita entre vampiros e homes lobo. Coa súa graduación aproximándose rapidamente, ten outra decisión máis que tomar: vida ou morte, pero... Cal é cal?. Stephenie Meyer. Ed. Alfaguara
  • 20. AMANECER Stephenie Meyer. Ed. Alfaguara • Edward e Bella casan nunha gran cerimonia organizada por Alice e pasan a súa lúa de mel na Illa Esme. Bela queda embarazada e o rápido crecemento do feto metade humano metade vampiro afectan a súa saúde e lévana ao bordo da morte. Edward trata de convencela de abortar o bebé para salvar a súa propia vida, pero Bela sente un lazo co seu fillo non-nato e insiste en telo.
  • 21. A LEI DAS ÁNIMAS A novela comeza cando unha parella volve para a súa casa despois de pasar un día na enigmática e fermosa praia das Catedrais. Entre a néboa, prodúcese un crime violento e estraño que chamará a atención do capitán da Garda Civil Agapito Landín, que decide trasladarse dende Madrid para investigar o caso. Nestas aparecen Nivardo Castro e Carlos Conde, que seguirán o crime cun dobre obxectivo: axudar na investigación e conseguir un bo titular para o xornal. Así comeza unha aventura na que as forzas deste mundo e as do outro se xuntan nunha conxunción misteriosa, enigmática e mesmo perigosa. • Carlos Reigosa. Ed. Galaxia
  • 22. AS BRUXAS • Roald Dahl, Ed. Xerais • Pensades que as bruxas son mulleres que visten de negro, levan grandes sombreiros e voan en vasoiras? Pensades que viven en covas no alto da montaña e pasan o día facendo encantamentos? Pois... Estades equivocados. O protagonista desta novela sabe que, realmente, as bruxas son moi, moi parecidas ás mulleres de verdade... (a todas as mulleres?)
  • 23. VAMPIRO A MI PESAR • Andreu Martín, ed. Anaya • Un neno chamado Ilya é atacado un día por un home lobo. Á mañá seguinte o seu pai tenta espertalo para que empece coas tarefas de campo de todos os días. Con moita pena dano por morto, e comezan os preparativos do velorio. Pero Ilya non estaba en verdade morto senón que lle deu un ataque de catalepsia. No medio do velorio o neno recupérase do seu malestar o que provoca o pánico de todos os presentes que cren que o ataque do home lobo converteu a Ilya nun vampiro. • O neno logra fuxir e sálvase así dunha morte segura. Aquí é cando empezan os seus verdadeiros problemas: el cre que é un vampiro, o seu pai tamén, pero non pode converterse nin en morcego nin en lobo e o que é peor, dálle moito noxo o sangue. Que facer?
  • 24. LA PUERTA OSCURA. EL VIAJERO • Hai dez minutos, Pascal non sabía que estaba completamente namorado. • Hai cinco minutos, non sabía que a súa vida ía convertirse nunha carreira contrareloxo. • Hai un minuto, non sabia que a porta escura conducía ao mesmo inferno. • Agora, no mundo dos mortos, a morte non é a peor das opcións. • David Lozano, ed. SM
  • 25. CONFESIONES DE UN VAMPIRO • Anne Rice, ed. Timun Mas • Louis, un antigo propietario de ascendencia francesa desesperado pola morte da súa esposa e fillo, é un vampiro que decide contar a súa historia. Tanto invoca á morte que Lestat, un vampiro que vive dende hai catrocentos anos, acode á súa chamada e convértelle, por medio dunha dentada, nun ser desapiadado e inmortal en contra da súa propia vontade. A súa única alegría será unha nena, Claudia, á que paradoxalmente, salvará da morte mordéndoa. Desde entón, a historia pasa por diferentes estadios: a descrición da familia de vampiros, a fartura de Louis e a súa inconformidade co seu estado actual, a morte da nena rebelde ou o enfrontamento co máis vello dos vampiros, Armand que está namorado de Louis
  • 26. LESTAT, EL VAMPIRO • Anne Rice, ed. Punto de Lectura • Moi diferente dos vampiros clásicos, aínda que tamén sexa inmortal e se alimente de sangue humano, o vampiro Lestat ten pouco que ver cos mortos: ao contrario, é un personaxe cheo de vida cuxa apaixonante biografía abarca desde o lascivo París do século XVIII á Roma de Augusto e a Bretaña dos druídas; desde o Exipto satánico da prehistoria ao mundo frenético das estrelas do rock... Toda a historia, practicamente, mentres busca o segredo da súa propia inmortalidade.
  • 27. LA VISITA DEL VAMPIRO • César Fdez García, ed. Siruela • Noite de Halloween. Un morcego cun medallón colgado ao pescozo voa ao redor da casa de Pablo. Pouco despois, a familia recibe a visita dun estraño parente que vén dun país afastado: trae unha estraña caixa repleta de diminutos buracos e leva un medallón semellante ao do morcego. Para Pablo está claro: o seu tío Ernesto é un vampiro... A partir de agora, Pablo e a súa irmá Lida terán que vencer os seus propios medos se queren saber máis achega do inquietante personaxe. A vida esconde misterios, medos, perigos e, se sabes buscar, tamén moita felicidade.
  • 28. LOS VAMPIROS NO CREEN EN FLANAGANS • Ándreu Martín, ed. Anaya • Johnny Flanagan, un estudante de dezasete anos que se dedica a resolver casos de misterio no seu tempo libre, decide pasar o fin de ano coa súa noiva e os amigos desta na aldea de Floc, un pequeno pobo dos Pireneos no que hai algúns anos un suposto vampiro deu morte a catro persoas. • O desexo de pescudar o que ocorreu verdadeiramente na aldea fai que os protagonistas vivan perigosas aventuras no hotel dos Cumes en Floc.
  • 29. EL PEQUEÑO VAMPIRO • Angela Sommer-Bodenburg, ed. Alfaguara • Saga de novelas que tratan da amizade entre o neno humano Anton e o neno vampiro Rüdiger. Anton vive inquietantes aventuras entre os vampiros, acompañado por Rüdiger, que adoita visitalo aparecendo inesperadamente no alféizar da súa xanela. Unha das dificultades ás que se enfrontan é a de tratar de evitar que os pais de Anton cheguen a decatarse de que Rüdiger é un vampiro.
  • 30. ALMUERZO DE VAMPIROS • Carlos Franz, ed. Alfaguara • Novela gótica ambientada en Chile en dous espazos temporais: a dictadura de Pinochet e o Chile democrático. • Nunha cafetería de moda dunha gran cidade, dous antigos alumnos descubren que o seu prfesor de literatura, desaparecido na dictadura trinta anos atrás, aínda está vivo. É posible que o seu profesor esté convertido nun vampiro xa que en palabras do propio autor, moita xente "no pudo evitar dejarse el alma en el camino y se ha convertido sin saberlo en vampiro"
  • 31. GHOSTGIRL • Tonia Hurley, ed. Alfaguara • Charlotte Usher séntese practicamente invisible ata que un día o é de verdade. Peor aínda: está morta. E todo por culpa dun osiño de goma! • Pero a morte non impide que Charlotte siga co seu plan. Todo o contrario, vólvese moito máis creativa e fará calquera cousa por conseguir o seu obxectivo: ser popular para seducir ao mozo que lle gusta.
  • 32. CARTAS DE INVERNO • Aos amantes das historias de misterio gustaravos este libro. Tareixa Louzao recibe un voluminoso sobre enviado polo seu irmán Xabier desde un lugar Doroña (Vilamaior). No seu interior atopa unha carta e outro sobre fechado. Na carta Xabier indícalle que non abra o sobre e que, en caso de non ter noticias del nunha semana, llo entregue ao Inspector Soutullo da Comisaría de Vigo. Pero Tareixa non resiste a tentación e abre o sobre. Así atopa as cartas que lle enviara a Xabier o seu amigo o pintor Adrián Louzao nas que lle conta os terribles sucesos que están acontecendo na casa que acaba de mercar. • Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais
  • 33. AIRE NEGRO • Tres anos despois de ocorridos os feitos, un ex psiquiatra cóntanos unha experiencia estarrecedora coa súa primeira paciente. Imos coñecendo por el e mais pola voz narradora de Laura Novo a historia da aparición da Gran Besta, un ser monstruoso que habita nunha cova. Con elementos de novela psicolóxica e de misterio, esta historia de amor imposible é unha auténtica viaxe ao corazón das tebras. • Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais
  • 34. DRÁCULA • Levada ao cinema en numerosas ocasións, esta novela universal agocha, tras o mito do vampiro, asuntos humanos fundamentais que todas as persoas senten e coñecen. O autor fai confluír en Drácula dúas tradicións: o vampiro literario e o folclórico. O vampiro, esa alma diabólica condenada a vagar eternamente sen repouso, está presente en moitas culturas, porque en todas elas o sangue se percibe como unha forma de enerxía vital. • Bram Stoker, ed. Anaya
  • 35. FRANKENSTEIN • O doutor Frankestein ten un soño: crear un ser humano vivo a partir de restos mortais. Axuudado polo seu criado Fritz intérnase durante a noite nos cemiterios da localidade para roubar a materia prima. • Mary Shelley, ed. Anaya
  • 36. LEYENDAS • Gustavo Adolfo Bécquer, ed. Espasa-Calpe • Recompilación de lendas de diversas procedencias, aínda que españolas na súa maioría. Atopamos entre elas algunhas fantasmagóricas, como ‘Maese Pérez el organista’, “El monte de las ánimas”...
  • 37. OTRA VUELTA DE TUERCA • Unha institutriz chega a unha vella mansión inglesa para encargarse da educación de dous irmáns. Os nenos reciben periodicamente a visita de sus antigos preceptores... Xa falecidos. • Henry James, ed. Anaya
  • 38. EL GATO NEGRO • Edgar Allan Poe, ed. Anaya • Once relatos entre os que se atopan algúns dos contos máis célebres de E. A. Poe. Espazos pechados, amores fúnebres, mares tenebrosos, tumbas, cadáveres, sangue e esa típica opresión psicolóxica que procede do extraordinario, é dicir, do que está máis aló dos sentidos, de toda natureza, de calquera lóxica.
  • 39. CUENTOS • Edgar Allan Poe, ed. Alianza • O primeiro volume reúne contos de terror e o segundo contos máis fermosos e filosóficos, ambos na magnífica tradución de J. Cortázar.
  • 40. DR. JEKYLL E MR. HYDE • A novela sitúase na cidade de Londres, no inverno de 1884. Nesta cidade envolta en néboa e frío comenzan a suceder feitos macabros. O señor Utterson, un prestixioso avogado londinense, notario do doutor Jekyll, rele o testamento que deixou o científico: ‘Eu, o firmante Henry Jekyll, desexo que a miña morte todos os meus bens pasen ao meu gran amigo e benefactor Edward Hyde”. • R.L. Stevenson, Edicións Xerais
  • 41. ANTOLOGIA. LOS MEJORES RELATOS DE TERROR Varios autores, ed. Alfaguara • Os mellores relatos de de terror e autores consagrados coma Poe, Gautier, Bierce, Jacobs, Wells, Machen, Quiroga, Lovecraft... Selecionados por M. Molina
  • 42. ANTOLOGÍA DE CUENTOS DE TERROR • Tres volumes nos que se recollen relatos de A. Machen, A. Blacwood, O. Onions, W. Fernandez Florez, H. Lovecraft, L. De Vega, D. Defoe, D. Sade, E. A. Poe, W. Scott, M. G. Lewis, Ch. Nordier, Ch. Dikens, J. Sheridan Le Fanu, M. Olipfant, P. A. Alarcon, G.A. Becquer • Varios Autores, ed. Alianza
  • 43. RELATOS DE TERROR • Relatos de terror reune oito relatos de Lovecraft que mostran como este xenial autor foi o inventor dun novo xénero, o conto materialista de terror, no que utiliza os símbolos que perviven no inconsciente das persoas para espertar eses terrores ancestrais que xacen dentro do noso cerebro. Trátase desa literatura de terror " cósmico " que se dirixe á parte máis profunda do cerebro, dominada polos instintos e emocións que están na orixe do xénero humano. • H.P. Lovecraft, Edicións Xerais
  • 44. RELATOS FANTÁSTICOS • H.P. Lovecraft, Edicións Xerais • Este volume reúne seis relatos fantásticos de Lovecraft que, a través dunha atmósfera moi especial, penetran na mente do lector ó longo destas páxinas maxistrais que abalan entre o medo e a fantasía. Aquí están moitos dos seus temas e obsesións: as civilizacións secretas que habitan no fondo do mar, os monumentos ciclópeos que remiten a unha realidade anterior á vida humana sobre a terra, os sucesos que contradín as leis da natureza, os cultos sacrílegos a deuses innomeables...
  • 45. EL CASO DE CHARLES DEXTER WARD • H.P. Lovecraft, ed. Alianza • Baseada no coñecido asunto das Bruxas de Salem en 1692 e ambientada na súa Providence natal, o autor relata os estraños eventos que rodean ao protagonista (Charles Dexter Ward) e ao seu misterioso antepasado, o ocultista Joseph Curwen, desaparecido en vésperas da Guerra da Independencia dos Estados Unidos. Excelente combinación de relato policial cos Mitos de Cthulhu cun emocionante duelo máxico como final.
  • 46. LOS MITOS DE CTHULHU • Ciclo de literatura de terror fantástico , producto dun traballo colectivo de escritores do círculo de H. Ph. Lovecraft. • Converte o horror gótico de pantasmas e seres inmateriais nun terror material, nunha sorte de terror psicolóxico completamente irracional . Así, as divindades de pobos case desaparecidos resultan ser entidades alieníxenas blasfemas e habitualmente irracionais que loitan e compiten en ciclos de destrución fronte ao home. • H.P. Lovecraft, ed. Alianza
  • 47. EN LAS MONTAÑAS DE LA LOCURA • Memoria dun grupo de científicos que narra os seus descubrimentos nunha expedición á Antártida • Enmarcado no ciclo dos mitos de Cthulhu, describe a historia dos Primordiais dende a súa chegada á Terra, no medio das tebras primigenias, até a súa suposta desaparición. Completan o volume «A Casa Maldita», orixinal reelaboración dun argumento de vampirismo, e «Os soños da Casa da Bruxa». • H.P. Lovecraft, ed. Alianza
  • 48. EL HORLA Y OTROS CUENTOS FANTÁSTICOS • Guy de Maupassant, ed. Alianza • Dezaoito relatos de G. de Maupassanta nos que o misterio, a tolemia, os crimes de escura orixe, o suicidio, o medo e a soidade son os protagonistas. Neles o elemento fantástico introdúces na vida cotiá; é o incognoscible que rolda en torno ao home, pero tamén o reflexo das pantasmas que habitan o seu cerebro. • Contén obras mestras coma El Horla, A tolemia, o medo e a morte coa Tola, O medo e a man, o tema da guerra franco-prusiana en Nai Sauvage e Mademoiselle Fifí. O Maupassant máis simbolista e poético en Sobre a auga. E relatos mundanos, non exentos de humor, nas irmás Rondoli e O crime do tío Boniface.
  • 49. CUENTOS DE UN SOÑADOR • Lord Dunsay, ed. Alianza • Dezaseis relatos breves en torno a tradiciones populares, épica celta e exotismo oriental que nos describen un mundo fantástico cheo de matices e detalles, sen relación con fantasías anteriores. Escritos nunha coidada linguaxe, convértense nos pioneiros da fantasía heroica e tiveron unha influencia decisiva nos primeiros relatos de Lovecraft.
  • 50. LA CASA DE LOS ESPÍRITUS • Narra a saga familiar dos Trueba, ao longo do século XX.Maxistralmente ambientada nalgún lugar de América Latina, a novela sigue paso a paso o dramático e extravagante destino duns personaxes atrapados nun entorno sorprendente e misterioso. Unha novela de impecable pulso estilístico e aguda lucidez histórica e social. • Isabel Allende, ed. Plaza y Janés
  • 51. CUMBRES BORRASCOSAS • Emily Brontë, ed. Cátedra • Heathcliff é un neno abandonado ao que recolle o señor Earnshaw e decide crialo como a un fillo na súa casa, Cumbres Borrascosas. O rapaz deseguido gaña o afecto da filla do dono, Catherine (Cathy) e o odio do irmán maior desta, Hindley. Catherine Earnshaw e Heathcliff desenvolven unha relación de dependencia mutua ao longo da súa vida, desde a infancia até máis aló da morte. • Unha historia de amor e de vinganza, de odio e tolemia, de vida e de morteao longo de dúas xeracións.
  • 52. JANE EYRE • Charlotte Brontë, ed. Cátedra • A orfa Jane Eyre vive coa súa tía e as súas curmás. Cando se rebela polo mal trato que recibe, mándana ao internado de Lowood, no que pasa oito anos, os dous últimos como profesora. • Con dezaoito anos é contratada como institutriz en Thornfield Hall para coidar de Adèle, unha nena que depende do dono da casa, Edward Rochester. As relacións de Jane con Rochester evolucionan cara ao namoramento, pero cando están a punto de casar, descóbrese que Rochester ten unha esposa tola. Jane fuxe. • Cando está a punto de refacer a súa vida coa familia Rivers, Jane sinte unha imperiosa chamada...
  • 53. ANCHO MAR DE LOS SARGAZOS • Jean Rhys, ed. Anagrama • Conta historia de Antoinette Cosway, a primeira señora de Rochester (o enigmático personaxe da novela Jane Eyre de Charlotte Brontë), a esposa tola que viviu encerrada na bufarda de Thornfield Hall e suicidouse no incendio que ela mesma provocara. • Jane Rhys fai unha versión libre do personaxe esbozado por Ch. Brontë, creando un personaxe feminino desgarrado e apaixoante.
  • 54. • Todos estes libros están agardando por ti na biblioteca do IES de Melide, Ven a velos!!