SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  27
Télécharger pour lire hors ligne
LETRAS GALEGAS 2018
Estremeña de nación
María Victoria Moreno, a primoxénita
do matrimonio formado por Vicente
Moreno e Sara Márquez, nace en
Valencia de Alcántara (na provincia de
Cáceres, a doce quilómetros da fronteira
con Portugal.) o 1 de maio de 1939, un
mes despois do anuncio da fin da guerra
civil española. Nace así unha estremeña
de nación mais galega de corazón.
Orfa de pai
O 30 de setembro de 1949 morre
o seu pai vítima da tuberculose.
Cando cumprín os dez anos
morreu meu pai, que só tiña
trinta e nove, e a súa ausencia
produciume un fondo sentimento
de desamparo que marcou xa o
meu carácter para toda a vida.
Bacharelato
Recibe unha bolsa de estudos para cursar
o bacharelato en Barcelona, interna nun
colexio da Sección Feminina. Alí
aprendeu catalán e francés, e descubriu a
literatura, lendo por vez primeira o
Quixote de Cervantes e O Principiño de
Saint-Exupéry, que se habían converter
en dúas das súas obras favoritas.
Universitaria
Entre 1958 e 1963 estudou Filoloxía Románica na
Universidade Complutense de Madrid.
Nesta etapa colabora coa ONCE traducindo libros
do francés e lendo para cegos. E así como coñeceu
ao seu noivo e primeiro cónxuxe, o valenciano
José Luis Llácer.
Ata o encontro na Universidade cos meus
grandes profesores (Rafael Lapesa, Dámaso
Alonso...) eu non descubrín o gusto pola
literatura (...) Eu non pensei nunca ser escritora.
En cambio, des que cheguei á Universidade si
tiven moi claro que quería ser profesora.
Pontevedra:
a cidade dos seus amores
En agosto de 1963 chega a Pontevedra como
profesora interina no Instituto Feminino.
Quedou namorada para sempre da suavidade
do clima e da beleza da cidade.
En Pontevedra atopou todo lo que podía
desear: gentes acogedoras, paisajes
maravillosos, un clima hecho a la medida de
mi carácter...
... descubrín que Pontevedra, onde a terra ule
a ceo cando chove, era unha vila
insolitamente fermosa, insolitamente húmida
e insolitamente inaccesible aos meus ollos,
afeitos á serra do Guadarrama e á Cidade
Universitaria de Madrid.
Lugo: descubrindo a esencia de
Galicia
En 1965 aproba as oposicións sendo destinada ao instituto masculino de Lugo onde ten como
compañeiro e mentor a Xesús Alonso Montero e entre os seus alumnos outro Xesús: Xesús Rábade
Paredes.
Lugo foi unha páxina indeleble da miña vida. Galicia aniñou no meu corazón naqueles dous
cursos.
Foi en Lugo onde Galicia se revelou ante os meus ollos, enteira, no seu ser, na súa cultura, no seu
feitizo, na súa problemática e na súa lingua.
Unha profesora de castelá
comprometida co galego
Co inicio do curso 1967-8 volve a Pontevedra como profesora
de lingua española dedicando parte das súas clases dos venres a
ensinar literatura galega e a que as alumnas practicasen a escrita
de textos en galego.
Desde 1972 tamén imparte cursos de galego, de xeito voluntario
e de balde, dirixidos a docentes e persoas que non tiveran a
posibilidade de estudalo.
...ensinábamos a amar a nosa lingua -que tamén fixo súa- e a
ler a Rosaía, a Valle e a Miguel Hernández (Moncha Fuentes)
Se estou coa xente que amasa o meu pan e mais colle no mar
os peixes da miña mesa, tamén quero falar con eles, falar a
súa fala.
...a lingua de Galicia, dende hai moitos anos -máis da metade
da miña vida-, é a lingua de meu.
Escritora e libreira
En maio de 1973 participa como socia no proxecto
da libraría “Xuntanza”, empresa que reporta
indubidables beneficios socioculturais pero que
rematará sendo inviábel no aspecto económico.
Neste mesmo ano publica Mar adiante (a
singradura dunha escola ideal) o seu primeiro libro
en galego. Nesta obra defende un xeito de
entender a escola, baseado no contacto coa
natureza, no respecto, na ledicia de aprender e no
afecto.
Tamén publica a escolma bilingüe Os novísimos
da poesía galega (onde recolle textos de dez
poetas nacidos despois de 1943, entre eles Xosé
Vázquez Pintor, Xesús Rábade Paredes, Margarita
Ledo e Darío Xohán Cabana)
Perseguida por mor da lingua
Retíraselle o pasaporte (xullo de
1973) por impartir cursos de galego.
A policía estaba moi sorprendida e
desconcertada con aquela
profesora extragalega que non só
escribía en galego senón que
impartía, gratuitamente, clases e
cursos de idioma galego (e de feito,
facía apostolado) Alonso Montero
O cataventos (1979)
Publicación de O cataventos
co que acadou o Premio O
Facho.
Historia que ten como
protagonistas a galiñas e
paxariños e amosa que a
envexa, o ego e a ambición
levan a tristura e a soidade.
A festa no faiado (1983)
A boneca Uxía, abandonada nun faiado,
evita o aburrimento e a tristura e fai boa
amizade con algúns animais. Entre todos
farán unhas festas que demostran a
importancia da amizade por riba das
diferenzas. Uxía e os seus amigos están de
festa todos os domingos e xuntos entenden
mellor o mundo e conseguen os seus
obxectivos: os pardais froita, Uxía
comida...
Leonardo e os fontaneiros
En 1986 accede como catedrática
ao instituto de Vilalonga
(Sanxenxo) no que traballou catro
anos e onde comezou a escribir a
novela Anagnórise.
Publica Leonardo e os fontaneiros,
o seu libro preferido.
Na lista de honra do IBBY
En 1990 a súa novela Anagnórise e
incluída na lista de honra do IBBY,
obra que fora publicada o ano anterior.
Tamén en 1990 trasládase ao IES nº 5
(actual Torrente Ballester) de
Pontevedra onde imparte aulas ata a
súa xubilación.
O cancro
En 1997 detéctaselle un cancro de mama.
... levei unha impresión moi forte que con sabería definir con
exactitude. Medo non foi. Tampouco unha tristura especial e moito
menos carraxe. Era un desacougo incerto no que nin o medo, nin a
tristura nin a carraxe estaban ausentes...
Eu teño cancro e preferiría non telo. Eu no quero ter cancro. Son
plenamente consciente de que a vida me xogou unha moi mala
pasada. Mais, ao cabo destes anos, sobrevivo, agardo e percorro as
vivencias do diagnóstico, das operacións, da quimioterapia, do
tratamento posterior... Recréome nos momentos luminosos desta
etapa, afírmome en min mesma cando penso nos días neboentos que
pasei e non me considero máis desgraciada que o resto da xente coa
que trato.
Guedellas de seda e liño
En 1999 sae do prelo Guedellas
de seda e liño, incluído na lista
internacional White Ravens da
Biblioteca Internacional para a
Mocidade de Múnic en 2002.
Xubilación
O 1 de setembro de 2002 xubílase.
Xubileime porque vin que as forzas
non eran as de antes, porque vin que
a vida era breve de máis, por cariño
tamén aos que veñen detrás... e
porque me puxen fea e para ser profe
hai que ser un pouco guapo.
Segundas nupcias
O 22. Febrero 2004 casa pola igrexa co segundo amor da súa
vida, o mariño mercante Pedro Ferriol co que xa formalizara
civilmente a súa relación na Habana en 2003.
Imaxinei tantas veces, tantas, os nosos aloumiños... Imaxinei
o roce das nosas mans, a túa pel fundida coa miña nun soño
infinito de tenrura morna... Imaxinei a túa boca, fervenza de
palabras mainas onde os meus ollos quedaran presos... A túa
boca en silencio, falándolle á miña pel en segredo, de segredos
inefables... Imaxinei tantas veces, tantas, o encontro dos nosos
beizos, devagar, durmidos no contacto lene do amor anhelo...
Diario de luz e sombra
Publica en 2004 Diario da luz e a sombra, onde fala da
súa experiencia co cancro de mama que padecía.
Gustaríame que cada persoa que o lese atopase polo
menos unha páxina na que se sentise falando comigo en
paz.... E, por outra banda, querería axudar ás persoas a
entender que o sufrimento forma parte da vida, e que a
vida, aínda cos seus sufrimentos, é digna de ser vivida e
é fermosísima. E que a morte é parte da propia vida e
que hai que tomala con serenidade e asumila. E
querería mandar unha mensaxe de amor, que dean
amor e que gocen do amor que lles dá a xente.
Eu conto, ti cantas...
No 2005 aparece o último
libro publicado en vida da
autora, Eu conto, ti cantas...,
unha obra para o público
infantil, en verso, e tendo aos
animais coma protagonistas.
Pasamento
O 22 novembro 2005 morre na súa querida Pontevedra.
E eu penso en min, e penso no meu pasamento, e penso
en todas as cousas que me rodean... Non é que me poña
triste, mais apodérase de min unha sensación moi
estraña e os meus libros, a miña colección de Sargadelos
ou mesmo a roupa da casa, que tanto me gustou sempre
ter limpa, ordenada e perfumada, collen un novo ser. É
coma se deixasen de ser cousas para converterse en
testemuñas do meu vivir ou do meu organizar un pouco
cada día.
Poemas póstumos
En 2006 aparece Elexías de
luz, cinco cadernos de poemas,
nos que agroman tanto a súa
sensibilidade como a ironía e a
crítica.
Onde o aire non era brisa
En 2009 publicouse tamén
postumamente o libro Onde o aire
non era brisa, tradución de Xavier
Senín do primeiro libro que escribira
en castelán, Alcores de Donalvar, e
que xa aparecera no 2006 co título
Donde el aire no era brisa.
O legado da súa biblioteca
O 13 de maio de 2011 a biblioteca do IES Torrente Ballester (Pontevedra)
presenta o legado dos cinco mil libros pertencentes á biblioteca persoal da
escritora.
Esta biblioteca é a miña Zaratustra, algo así como a sombra da miña alma.
O Roteiro da escritora
O 9 de abril de 2018 inaugúrase
o roteiro de María Victoria
Moreno en Pontevedra.
Teatro para Mª Victoria
O 21 de abril de 2018 o IES de Vilalonga acolle a estrea da obra teatral Señora que pasea pola rúa con
dous cans preciosos (Matrioshka Teatro), homenaxe á escritora que impartiu clases no centro. Máis
teatro sobre a nosa autora e os seus textos percorrerá a provincia de Pontevedra, desde o 4 de maio ata o
3 de decembro de 2018, patrocinado pola Deputación: Romance de cans (Viravolta Títeres-Seisdedos),
Mar Adiante (Odaiko), Anagnórise (Limiar Teatro), Unha historia de amor. Homenaxe a María Victoria
Moreno (un contacontos para o público ilustrado por Polo Correo do Vento) e Leonardo e os fontaneiros
(Ubú Teatro).
Créditos
ALEIXANDRE, M., CASALDERREY, F., María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba
moito, Xerais, Vigo, 2018, 128 pp.
GRACIÁN, A., Doce cartas a María Victoria Moreno, Hércules, A Coruña, 2018, 143 pp.
MORENO, Mª V., Diario da luz e a sombra, Xerais, Vigo, 2017 (2ª), 125 pp.
MORENO, Mª V., O amor e as palabras, Urco, Compostela, 2017, 134 pp.
PENA, Montse, A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida, Galaxia, Vigo, 2018,
177 pp.
SOTO, I., SENÍN, X., María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, Xerais, Vigo, 2018, 155 pp.
É a lúa que baila... María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca
(introd. de Xesús Alonso Montero), Galaxia-Consorcio de Santiago, Vigo, 2018, 100 pp.
https://academia.gal/letras-actual
http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=60
https://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Victoria_Moreno

Contenu connexe

Tendances

Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoAsnosasletras
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...Román Landín
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroBelén Mariño
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónAsnosasletras
 

Tendances (20)

Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Entrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanhoEntrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanho
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de Castro
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisón
 

Similaire à Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas

Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
Presentación lois pereiro
Presentación lois pereiroPresentación lois pereiro
Presentación lois pereirobiliocastro
 
Presentación lois
Presentación loisPresentación lois
Presentación loisbiliocastro
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Marlou
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegotudense
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍAFiz
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaReme Rbm
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...mercedesdans
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obramonadela
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Dip diaz castro
Dip diaz castroDip diaz castro
Dip diaz castroFiz
 

Similaire à Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas (20)

Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
Presentación lois pereiro
Presentación lois pereiroPresentación lois pereiro
Presentación lois pereiro
 
Presentación lois
Presentación loisPresentación lois
Presentación lois
 
Lois pereiro
Lois pereiroLois pereiro
Lois pereiro
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 
Lois Pereiro
Lois PereiroLois Pereiro
Lois Pereiro
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galego
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍA
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
 
Autores letras galegas
Autores letras galegasAutores letras galegas
Autores letras galegas
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Lois Pereiro
Lois PereiroLois Pereiro
Lois Pereiro
 
Diaz Castro
Diaz CastroDiaz Castro
Diaz Castro
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Manuel Antonio
Manuel AntonioManuel Antonio
Manuel Antonio
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Dip diaz castro
Dip diaz castroDip diaz castro
Dip diaz castro
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 

Plus de tudense

Fraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivasFraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivastudense
 
Alfabeto biblioteca
Alfabeto bibliotecaAlfabeto biblioteca
Alfabeto bibliotecatudense
 
Carlos casares segundo os escolares tudenses
Carlos casares segundo os escolares tudensesCarlos casares segundo os escolares tudenses
Carlos casares segundo os escolares tudensestudense
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturatudense
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 
Sétima arte, territorio galego e feminino
Sétima arte,  territorio galego e femininoSétima arte,  territorio galego e feminino
Sétima arte, territorio galego e femininotudense
 
Muller, territorio da pintura galega
Muller, territorio da pintura galegaMuller, territorio da pintura galega
Muller, territorio da pintura galegatudense
 
Muller, territorio da escultura
Muller, territorio da esculturaMuller, territorio da escultura
Muller, territorio da esculturatudense
 
Arte, territorio das mulleres
Arte, territorio das mulleresArte, territorio das mulleres
Arte, territorio das mullerestudense
 
Ciencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mulleresCiencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mullerestudense
 
Rosalía nas artes plásticas escultura
Rosalía nas artes plásticas  esculturaRosalía nas artes plásticas  escultura
Rosalía nas artes plásticas esculturatudense
 
Amor, territorio da pintura
Amor, territorio da pinturaAmor, territorio da pintura
Amor, territorio da pinturatudense
 
Amor, territorio da escultura
Amor, territorio da esculturaAmor, territorio da escultura
Amor, territorio da esculturatudense
 
Co p de paz e pintura
Co p de paz e pinturaCo p de paz e pintura
Co p de paz e pinturatudense
 
Estatuto territorio da publicidade
Estatuto territorio da publicidadeEstatuto territorio da publicidade
Estatuto territorio da publicidadetudense
 
Violencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artesViolencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artestudense
 
A morte, territorio das artes
A morte, territorio das artesA morte, territorio das artes
A morte, territorio das artestudense
 
Biblioteca, territorio da pintura
Biblioteca, territorio da pinturaBiblioteca, territorio da pintura
Biblioteca, territorio da pinturatudense
 
As caras de Manuel María
As caras de Manuel MaríaAs caras de Manuel María
As caras de Manuel Maríatudense
 
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)Presentación sobre dislexia (gabinete graña)
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)tudense
 

Plus de tudense (20)

Fraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivasFraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivas
 
Alfabeto biblioteca
Alfabeto bibliotecaAlfabeto biblioteca
Alfabeto biblioteca
 
Carlos casares segundo os escolares tudenses
Carlos casares segundo os escolares tudensesCarlos casares segundo os escolares tudenses
Carlos casares segundo os escolares tudenses
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da escultura
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Sétima arte, territorio galego e feminino
Sétima arte,  territorio galego e femininoSétima arte,  territorio galego e feminino
Sétima arte, territorio galego e feminino
 
Muller, territorio da pintura galega
Muller, territorio da pintura galegaMuller, territorio da pintura galega
Muller, territorio da pintura galega
 
Muller, territorio da escultura
Muller, territorio da esculturaMuller, territorio da escultura
Muller, territorio da escultura
 
Arte, territorio das mulleres
Arte, territorio das mulleresArte, territorio das mulleres
Arte, territorio das mulleres
 
Ciencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mulleresCiencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mulleres
 
Rosalía nas artes plásticas escultura
Rosalía nas artes plásticas  esculturaRosalía nas artes plásticas  escultura
Rosalía nas artes plásticas escultura
 
Amor, territorio da pintura
Amor, territorio da pinturaAmor, territorio da pintura
Amor, territorio da pintura
 
Amor, territorio da escultura
Amor, territorio da esculturaAmor, territorio da escultura
Amor, territorio da escultura
 
Co p de paz e pintura
Co p de paz e pinturaCo p de paz e pintura
Co p de paz e pintura
 
Estatuto territorio da publicidade
Estatuto territorio da publicidadeEstatuto territorio da publicidade
Estatuto territorio da publicidade
 
Violencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artesViolencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artes
 
A morte, territorio das artes
A morte, territorio das artesA morte, territorio das artes
A morte, territorio das artes
 
Biblioteca, territorio da pintura
Biblioteca, territorio da pinturaBiblioteca, territorio da pintura
Biblioteca, territorio da pintura
 
As caras de Manuel María
As caras de Manuel MaríaAs caras de Manuel María
As caras de Manuel María
 
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)Presentación sobre dislexia (gabinete graña)
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)
 

Dernier

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (7)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas

  • 2. Estremeña de nación María Victoria Moreno, a primoxénita do matrimonio formado por Vicente Moreno e Sara Márquez, nace en Valencia de Alcántara (na provincia de Cáceres, a doce quilómetros da fronteira con Portugal.) o 1 de maio de 1939, un mes despois do anuncio da fin da guerra civil española. Nace así unha estremeña de nación mais galega de corazón.
  • 3. Orfa de pai O 30 de setembro de 1949 morre o seu pai vítima da tuberculose. Cando cumprín os dez anos morreu meu pai, que só tiña trinta e nove, e a súa ausencia produciume un fondo sentimento de desamparo que marcou xa o meu carácter para toda a vida.
  • 4. Bacharelato Recibe unha bolsa de estudos para cursar o bacharelato en Barcelona, interna nun colexio da Sección Feminina. Alí aprendeu catalán e francés, e descubriu a literatura, lendo por vez primeira o Quixote de Cervantes e O Principiño de Saint-Exupéry, que se habían converter en dúas das súas obras favoritas.
  • 5. Universitaria Entre 1958 e 1963 estudou Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid. Nesta etapa colabora coa ONCE traducindo libros do francés e lendo para cegos. E así como coñeceu ao seu noivo e primeiro cónxuxe, o valenciano José Luis Llácer. Ata o encontro na Universidade cos meus grandes profesores (Rafael Lapesa, Dámaso Alonso...) eu non descubrín o gusto pola literatura (...) Eu non pensei nunca ser escritora. En cambio, des que cheguei á Universidade si tiven moi claro que quería ser profesora.
  • 6. Pontevedra: a cidade dos seus amores En agosto de 1963 chega a Pontevedra como profesora interina no Instituto Feminino. Quedou namorada para sempre da suavidade do clima e da beleza da cidade. En Pontevedra atopou todo lo que podía desear: gentes acogedoras, paisajes maravillosos, un clima hecho a la medida de mi carácter... ... descubrín que Pontevedra, onde a terra ule a ceo cando chove, era unha vila insolitamente fermosa, insolitamente húmida e insolitamente inaccesible aos meus ollos, afeitos á serra do Guadarrama e á Cidade Universitaria de Madrid.
  • 7. Lugo: descubrindo a esencia de Galicia En 1965 aproba as oposicións sendo destinada ao instituto masculino de Lugo onde ten como compañeiro e mentor a Xesús Alonso Montero e entre os seus alumnos outro Xesús: Xesús Rábade Paredes. Lugo foi unha páxina indeleble da miña vida. Galicia aniñou no meu corazón naqueles dous cursos. Foi en Lugo onde Galicia se revelou ante os meus ollos, enteira, no seu ser, na súa cultura, no seu feitizo, na súa problemática e na súa lingua.
  • 8. Unha profesora de castelá comprometida co galego Co inicio do curso 1967-8 volve a Pontevedra como profesora de lingua española dedicando parte das súas clases dos venres a ensinar literatura galega e a que as alumnas practicasen a escrita de textos en galego. Desde 1972 tamén imparte cursos de galego, de xeito voluntario e de balde, dirixidos a docentes e persoas que non tiveran a posibilidade de estudalo. ...ensinábamos a amar a nosa lingua -que tamén fixo súa- e a ler a Rosaía, a Valle e a Miguel Hernández (Moncha Fuentes) Se estou coa xente que amasa o meu pan e mais colle no mar os peixes da miña mesa, tamén quero falar con eles, falar a súa fala. ...a lingua de Galicia, dende hai moitos anos -máis da metade da miña vida-, é a lingua de meu.
  • 9. Escritora e libreira En maio de 1973 participa como socia no proxecto da libraría “Xuntanza”, empresa que reporta indubidables beneficios socioculturais pero que rematará sendo inviábel no aspecto económico. Neste mesmo ano publica Mar adiante (a singradura dunha escola ideal) o seu primeiro libro en galego. Nesta obra defende un xeito de entender a escola, baseado no contacto coa natureza, no respecto, na ledicia de aprender e no afecto. Tamén publica a escolma bilingüe Os novísimos da poesía galega (onde recolle textos de dez poetas nacidos despois de 1943, entre eles Xosé Vázquez Pintor, Xesús Rábade Paredes, Margarita Ledo e Darío Xohán Cabana)
  • 10. Perseguida por mor da lingua Retíraselle o pasaporte (xullo de 1973) por impartir cursos de galego. A policía estaba moi sorprendida e desconcertada con aquela profesora extragalega que non só escribía en galego senón que impartía, gratuitamente, clases e cursos de idioma galego (e de feito, facía apostolado) Alonso Montero
  • 11. O cataventos (1979) Publicación de O cataventos co que acadou o Premio O Facho. Historia que ten como protagonistas a galiñas e paxariños e amosa que a envexa, o ego e a ambición levan a tristura e a soidade.
  • 12. A festa no faiado (1983) A boneca Uxía, abandonada nun faiado, evita o aburrimento e a tristura e fai boa amizade con algúns animais. Entre todos farán unhas festas que demostran a importancia da amizade por riba das diferenzas. Uxía e os seus amigos están de festa todos os domingos e xuntos entenden mellor o mundo e conseguen os seus obxectivos: os pardais froita, Uxía comida...
  • 13. Leonardo e os fontaneiros En 1986 accede como catedrática ao instituto de Vilalonga (Sanxenxo) no que traballou catro anos e onde comezou a escribir a novela Anagnórise. Publica Leonardo e os fontaneiros, o seu libro preferido.
  • 14. Na lista de honra do IBBY En 1990 a súa novela Anagnórise e incluída na lista de honra do IBBY, obra que fora publicada o ano anterior. Tamén en 1990 trasládase ao IES nº 5 (actual Torrente Ballester) de Pontevedra onde imparte aulas ata a súa xubilación.
  • 15. O cancro En 1997 detéctaselle un cancro de mama. ... levei unha impresión moi forte que con sabería definir con exactitude. Medo non foi. Tampouco unha tristura especial e moito menos carraxe. Era un desacougo incerto no que nin o medo, nin a tristura nin a carraxe estaban ausentes... Eu teño cancro e preferiría non telo. Eu no quero ter cancro. Son plenamente consciente de que a vida me xogou unha moi mala pasada. Mais, ao cabo destes anos, sobrevivo, agardo e percorro as vivencias do diagnóstico, das operacións, da quimioterapia, do tratamento posterior... Recréome nos momentos luminosos desta etapa, afírmome en min mesma cando penso nos días neboentos que pasei e non me considero máis desgraciada que o resto da xente coa que trato.
  • 16. Guedellas de seda e liño En 1999 sae do prelo Guedellas de seda e liño, incluído na lista internacional White Ravens da Biblioteca Internacional para a Mocidade de Múnic en 2002.
  • 17. Xubilación O 1 de setembro de 2002 xubílase. Xubileime porque vin que as forzas non eran as de antes, porque vin que a vida era breve de máis, por cariño tamén aos que veñen detrás... e porque me puxen fea e para ser profe hai que ser un pouco guapo.
  • 18. Segundas nupcias O 22. Febrero 2004 casa pola igrexa co segundo amor da súa vida, o mariño mercante Pedro Ferriol co que xa formalizara civilmente a súa relación na Habana en 2003. Imaxinei tantas veces, tantas, os nosos aloumiños... Imaxinei o roce das nosas mans, a túa pel fundida coa miña nun soño infinito de tenrura morna... Imaxinei a túa boca, fervenza de palabras mainas onde os meus ollos quedaran presos... A túa boca en silencio, falándolle á miña pel en segredo, de segredos inefables... Imaxinei tantas veces, tantas, o encontro dos nosos beizos, devagar, durmidos no contacto lene do amor anhelo...
  • 19. Diario de luz e sombra Publica en 2004 Diario da luz e a sombra, onde fala da súa experiencia co cancro de mama que padecía. Gustaríame que cada persoa que o lese atopase polo menos unha páxina na que se sentise falando comigo en paz.... E, por outra banda, querería axudar ás persoas a entender que o sufrimento forma parte da vida, e que a vida, aínda cos seus sufrimentos, é digna de ser vivida e é fermosísima. E que a morte é parte da propia vida e que hai que tomala con serenidade e asumila. E querería mandar unha mensaxe de amor, que dean amor e que gocen do amor que lles dá a xente.
  • 20. Eu conto, ti cantas... No 2005 aparece o último libro publicado en vida da autora, Eu conto, ti cantas..., unha obra para o público infantil, en verso, e tendo aos animais coma protagonistas.
  • 21. Pasamento O 22 novembro 2005 morre na súa querida Pontevedra. E eu penso en min, e penso no meu pasamento, e penso en todas as cousas que me rodean... Non é que me poña triste, mais apodérase de min unha sensación moi estraña e os meus libros, a miña colección de Sargadelos ou mesmo a roupa da casa, que tanto me gustou sempre ter limpa, ordenada e perfumada, collen un novo ser. É coma se deixasen de ser cousas para converterse en testemuñas do meu vivir ou do meu organizar un pouco cada día.
  • 22. Poemas póstumos En 2006 aparece Elexías de luz, cinco cadernos de poemas, nos que agroman tanto a súa sensibilidade como a ironía e a crítica.
  • 23. Onde o aire non era brisa En 2009 publicouse tamén postumamente o libro Onde o aire non era brisa, tradución de Xavier Senín do primeiro libro que escribira en castelán, Alcores de Donalvar, e que xa aparecera no 2006 co título Donde el aire no era brisa.
  • 24. O legado da súa biblioteca O 13 de maio de 2011 a biblioteca do IES Torrente Ballester (Pontevedra) presenta o legado dos cinco mil libros pertencentes á biblioteca persoal da escritora. Esta biblioteca é a miña Zaratustra, algo así como a sombra da miña alma.
  • 25. O Roteiro da escritora O 9 de abril de 2018 inaugúrase o roteiro de María Victoria Moreno en Pontevedra.
  • 26. Teatro para Mª Victoria O 21 de abril de 2018 o IES de Vilalonga acolle a estrea da obra teatral Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos (Matrioshka Teatro), homenaxe á escritora que impartiu clases no centro. Máis teatro sobre a nosa autora e os seus textos percorrerá a provincia de Pontevedra, desde o 4 de maio ata o 3 de decembro de 2018, patrocinado pola Deputación: Romance de cans (Viravolta Títeres-Seisdedos), Mar Adiante (Odaiko), Anagnórise (Limiar Teatro), Unha historia de amor. Homenaxe a María Victoria Moreno (un contacontos para o público ilustrado por Polo Correo do Vento) e Leonardo e os fontaneiros (Ubú Teatro).
  • 27. Créditos ALEIXANDRE, M., CASALDERREY, F., María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, Xerais, Vigo, 2018, 128 pp. GRACIÁN, A., Doce cartas a María Victoria Moreno, Hércules, A Coruña, 2018, 143 pp. MORENO, Mª V., Diario da luz e a sombra, Xerais, Vigo, 2017 (2ª), 125 pp. MORENO, Mª V., O amor e as palabras, Urco, Compostela, 2017, 134 pp. PENA, Montse, A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida, Galaxia, Vigo, 2018, 177 pp. SOTO, I., SENÍN, X., María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, Xerais, Vigo, 2018, 155 pp. É a lúa que baila... María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca (introd. de Xesús Alonso Montero), Galaxia-Consorcio de Santiago, Vigo, 2018, 100 pp. https://academia.gal/letras-actual http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=60 https://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Victoria_Moreno