SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  4
Télécharger pour lire hors ligne
Tema 4: O teatro do primeiro terzo
    do XX: Irmandades, vangardas e
               Grupo Nós.

1.- Antecedentes . Das orixes ó s.XX.

        Non se conserva ningún texto dramático da Idade Media, mais é evidente que
en Galicia existiu - como no resto de Europa - un teatro de tipo litúrxico, e temos
informacións indirectas de que estas representacións habían chegar ata o século XVI.
Tamén debeu existir un teatro de tipo profano como nolo mostran os diferentes
elementos dramáticos dos cancioneiros (danza, música, coro, solista e intérprete), e en
especial nas cantigas de amigo, especialmente se estas pertencen a un mesmo autor
(lembremos os ciclos de Pero Meogo ou Martín Códax).
         Durante os Séculos Escuros (XVI, XVII, XVIII), ademais das referencias a ese
teatro litúrxico, debemos falar da existencia de formas parateatrais de tipo popular que
aínda se manteñen vivas hoxe, como é o caso das celebracións do Entroido en
diferentes vilas de Galicia. Cómpre non esquecer que é precisamente nesta época,
especialmente nos séculos XVI e XVII cando se produce o esplendor do teatro nas
literaturas europeas, esplendor do que non participa a literatura galega, que vive neles
as súas horas máis baixas.
         Do século XVII data a primeira peza teatral conservada na nosa literatura, que
é o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1671), obra do licenciado Gabriel
Feixoo de Araúxo.
         Da lª metade do século XIX apenas temos documentación; a primeira peza
teatral desta época é unha pequena obra titulada A Casamenteira (1812), de Antonio
Benito Fandiño. Un xénero característico destes momentos son os diálogos
propagandísticos, que son escritos satíricos de carácter popular, aínda que no anonimato
se agachen dous interlocutores instruídos e ilustrados. Neste tipo de escritos predomina
a función didáctica, e así empregaban o galego e o carácter popular para provocar
verosimilitude no que expuñan. Podemos citar, entre outros, un folleto titulado Proezas
de Galicia de Xosé Fernández Neira.
         Da 2ª metade do século XIX temos coñecemento da primeira obra escenificada,
que é A fonte do xuramento, de Francisco Mª de la Iglesia (1882); con ela iníciase o
drama realista, social e costumista, de forte tradición no noso teatro. Por outra banda,
temos o drama histórico, que reconstrúe episodios da historia de Galicia mesturados
con elementos folclóricos ou lendarios; destaca Xoán Cuveiro Piñol coa obra titulada
Pedro Madruga, ou Galo Salinas coa obra Torre de Peito Burdelo. Este teatro histórico
vai ter menos continuidade no s. XX có drama costumista; aínda así temos algúns
representantes en autores como Cotarelo Valledor e Ramón Cabanillas.
2.- O teatro no primeiro terzo do século XX.

      No que se refire ás tendencias teatrais desta etapa, cómpre sinalar
fundamentalmente tres:
       A) O teatro costumista-ruralista, dominante no conxunto da produción.
       B) O teatro de tese e propagandístico levado a cabo polas Irmandades da Fala
          que viron no teatro unha arma eficaz para a educación de masas, espallar as
          súas ideas nacionalistas e posibilitar a normalización lingüística. É un teatro
          de ambiente e tema máis urbano cá anterior tendencia.
       C) O teatro renovador (Dieste e Nós), que concilia o popular e galego coas
          técnicas da vangarda artística.

A) O Rexionalismo.
       Dentro das estratexias normalizadoras do movemento rexionalista (tal era o
nome que se daba a si mesmo o galeguismo de finais do XIX e principios do XX),
inaugúrase en 1903 na Coruña a Escola Rexional de Declamación coa presentación da
obra "¡Fílla ... !" de Galo Salinas, quen presidía a Escola. O obxectivo da Escola... era
consolidar un grupo de teatro estable que garantise a representación de pezas en galego,
o que por forza estimularía a súa redacción. O autor máis destacado neste primeiro
intento foi Manuel Lugrís Freire con obras como A ponte (1903), primeiro drama
galego en prosa .

B) Irmandades da Fala.
        A transición entre o teatro rexionalista e o das Irmandades da Fala, estaría
representada polo teatro de Leandro Carré Alvarellos, con obras como Pra vivir ben
casados, ou Rexurdimento.
        O proxecto político e cultural das Irmandades (baseado na significación e
oficialización da nosa lingua e en concienciar ao pobo na defensa da súa cultura) non
vai ser alleo ao teatro. A importancia que lle concederon a este xénero púxose de
manifesto coa publicación de pezas, estudios e informacións variadas, que apareceron
en A Nosa Terra. O seu interese quedou ben reflectido coa creación do Conservatorio
Nacional de Arte Galega (1919), onde se representa como primeira obra A man de
Santiña, de Cabanillas. Anos máis tarde, o Conservatorio transformouse en Escola
Dramática Galega (1922-26), e resultou ser a época máis intensa do desenvolvemento
do noso teatro. Os homes das Irmandades non só exerceron o seu labor como
escritores, senón tamén como críticos teatrais e tradutores de obras estranxeiras.
        Entre as obras máis importantes das Irmandades debemos salientar O Mariscal
(1926), escrita por R. Cabanillas e A. Villar Ponte, xa que mostraba importantes
innovacións técnicas. O Mariscal, glosa a figura do Mariscal Pardo de Cela, o
derradeiro nobre galego que se enfrontou ao proxecto político centralizador dos Reis
Católicos.
        Un autor teatral que é obrigatorio mencionar, pola asiduidade coa que publicou e
representou, e tamén pola calidade da súa produción, é Armando Cotarelo Valledor
(1879-1950). Autor realista, preocúpase pola psicoloxía dos personaxes e polo
ambiente, que determina as súas accións. Entre as súas obras destacan: Trebón, drama
rural en prosa con situacións efectistas, Hostia, traxedia histórica que conta o suplicio
de Prisciliano, e Mourenza, drama mariñeiro.


C) O teatro do Grupo Nós.
       Aínda que o teatro non foi o xénero máis cultivado polo Grupo Nós, si foi un
dos temas que maior interese espertou neles. Risco, Otero e Castelao traballaron con
novas ideas, proxectos e textos, mais a propia sociedade serviu de freo e non propiciou
un auténtico desenvolvemento teatral; por iso o teatro destes homes quedou reducido
ao plano literario, agás a obra de Castelao , que foi escenificada en vida do autor e
supervisada por el mesmo. Eles concibían o teatro como un espectáculo global,
introducindo novas técnicas relacionadas con diferentes artes que supoñen a entrada en
escena de elementos plásticos (a cor, a luz, o baile, simbolismos ...).
       Os homes do Grupo Nós van compartir criterios coas correntes da Vangarda
europea como o Modernismo, o simbolismo (a corrente máis seguida polo grupo) e o
expresionismo, que marcaron entre fins do século XIX e comezos do XX unha ruptura
nos contidos e nas formas das artes plásticas e literarias. Nas letras galegas as maiores
pegadas afectan ó aspecto formal e están presentes na obra de Castelao, Otero e Risco,
os principais importadores e incorporadores das formas europeas á literatura galega. O
Grupo Nós realizou a tarefa de europeizar e modernizar o teatro galego, adaptándoo
formalmente aos parámetros que tiñan plena actualidade no momento, e tematicamente
mantendo os contidos da propia tradición e das nosas raíces.
Autores e obras:

   RISCO.- A única peza teatral publicada é O bufón de El-Rei (1928), drama
   simbolista que se desenvolve na época medieval, toca a “materia de Bretaña”e é
   unha reflexión sobre a maldade e sobre o inevitable do destino.

   OTERO PEDRAYO.- Deixou mostras escritas dun amplo proxecto dramático,
   pezas breves que permaneceron inéditas ata 1975, cando foron publicadas baixo o
   título de Teatro de máscaras. Mais a única peza que posúe unha elaboración teatral
   é A Lagarada (1928), na que a vendima e o viño fan agromar a luxuria e a cobiza
   dos personaxes, que son populares e deseñados cun forte realismo. Nas escenas
   tamén aparecen intercaladas mostras de fantasía, maxia ou ambientación poética.
   Outras pezas do autor son O desengano do prioro e Noite compostelana.

   CASTELAO.-.Trazou, xunto con Otero, numerosos proxectos teatrais, coincidindo
   ámbolos dous autores na súa concepción estética e formal do teatro, que é unha
   síntese dos elementos presentes na realidade (luz, cor, música, baile, palabras) pero
   é realmente Castelao quen maior atención presta á elaboración artística, fronte a
   Otero que presenta pezas inacabadas. A única peza que nos deixou, Os vellos non
   deben de namorarse, é, tamén, a peza máis famosa do teatro galego. Estreada en Bos
   Aires no ano 1941, trátase dunha farsa dividida en tres lances ou actos, de estrutura
paralela e complementados cun prólogo e un epílogo. En cada lance hai un vello
namorado dunha moza, en tanto que un mozo desempeña o papel de rival do vello
nas súas pretensións amorosas. Aparece tamén a morte como personaxe que, baixo
aparencia diferente en cada acto, avisa os vellos das consecuencias fatais do seu
namoramento, como indica o refraneiro popular galego. O epílogo, no que aparecen
no cemiterio os tres vellos esqueletos comentando a súa imprudencia, pon de
manifesto as aparencias e falsidades existentes no mundo. A concepción teatral do
rianxeiro consistía no espectáculo global, unha mestura artística de acción
dramática, luces, música, baile, escenarios etc.

RAFAEL DIESTE.- A fiestra baldeira (1927). Nesta obra, chea de elementos
vangardistas, Dieste expón o conflito dun indiano que volve rico da emigración e
que se ten que enfrontar ao problema de que a súa muller e a súa filla se avergoñen
da orixe social del. O conflito xorde cando o indiano encarga un cadro no que debe
escoller entre un fondo de ambientación mariñeira –as súas orixes- ou un fondo de
xardín fidalgo – a súa nova condición-.

Contenu connexe

Tendances

12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
Lourenço Alvarez Ruiz
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
Lourenço Alvarez Ruiz
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
Lourenço Alvarez Ruiz
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
Lourenço Alvarez Ruiz
 
vangardas_xeral
vangardas_xeralvangardas_xeral
vangardas_xeral
xenevra
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Endl Félix Muriel
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustración
noagaliza
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4º
xenevra
 
Tema8_2010
Tema8_2010Tema8_2010
Tema8_2010
xenevra
 

Tendances (20)

12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerra
 
Presentación valentín lamas carvajal marta ferreira
Presentación valentín lamas carvajal marta ferreiraPresentación valentín lamas carvajal marta ferreira
Presentación valentín lamas carvajal marta ferreira
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 
vangardas_xeral
vangardas_xeralvangardas_xeral
vangardas_xeral
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
 
Poesía das Irmandades
Poesía das IrmandadesPoesía das Irmandades
Poesía das Irmandades
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustración
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4º
 
Teatro a partir de 1975
Teatro a partir de 1975Teatro a partir de 1975
Teatro a partir de 1975
 
Tema8_2010
Tema8_2010Tema8_2010
Tema8_2010
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Poesía das vangardas
Poesía das vangardasPoesía das vangardas
Poesía das vangardas
 

En vedette (10)

Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerra
 
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
 
O galego no primeiro terzo do século xx
O galego no primeiro terzo do século xxO galego no primeiro terzo do século xx
O galego no primeiro terzo do século xx
 
Narrativa Galega Actual.Doc
Narrativa Galega Actual.DocNarrativa Galega Actual.Doc
Narrativa Galega Actual.Doc
 
Anarrativadasirmandades 101026071512-phpapp01
Anarrativadasirmandades 101026071512-phpapp01Anarrativadasirmandades 101026071512-phpapp01
Anarrativadasirmandades 101026071512-phpapp01
 
Poesía galega de posguerra
Poesía galega de posguerraPoesía galega de posguerra
Poesía galega de posguerra
 
A lírica no tempo das irmandades da fala
A lírica no tempo das irmandades da falaA lírica no tempo das irmandades da fala
A lírica no tempo das irmandades da fala
 
A nova narrativa galega
A nova narrativa galegaA nova narrativa galega
A nova narrativa galega
 
O teatro de posguerra
O teatro de posguerraO teatro de posguerra
O teatro de posguerra
 
Presentacion contido 2 bach
Presentacion contido 2 bachPresentacion contido 2 bach
Presentacion contido 2 bach
 

Similaire à TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS

9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
Lourenço Alvarez Ruiz
 
tema12_2010
tema12_2010tema12_2010
tema12_2010
xenevra
 
Compositores galegos do século xix
Compositores galegos do século xixCompositores galegos do século xix
Compositores galegos do século xix
mussalmad
 
Esquemas. Teatro 1916-1936
Esquemas. Teatro 1916-1936Esquemas. Teatro 1916-1936
Esquemas. Teatro 1916-1936
Marlou
 

Similaire à TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS (20)

Literatura 4
Literatura 4Literatura 4
Literatura 4
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
Orixes teatro galego
Orixes teatro galegoOrixes teatro galego
Orixes teatro galego
 
O teatro das Irmandades da Fala
O teatro das Irmandades da FalaO teatro das Irmandades da Fala
O teatro das Irmandades da Fala
 
Otero pedrayo
Otero pedrayoOtero pedrayo
Otero pedrayo
 
Teatro galego na II República
Teatro galego na II RepúblicaTeatro galego na II República
Teatro galego na II República
 
Manuel lourenzo
Manuel lourenzoManuel lourenzo
Manuel lourenzo
 
Literatura 9
Literatura 9Literatura 9
Literatura 9
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
tema12_2010
tema12_2010tema12_2010
tema12_2010
 
A prosa das Irmandades
A prosa das IrmandadesA prosa das Irmandades
A prosa das Irmandades
 
Teatro 1936 1976
Teatro 1936 1976Teatro 1936 1976
Teatro 1936 1976
 
Compositores galegos do século xix
Compositores galegos do século xixCompositores galegos do século xix
Compositores galegos do século xix
 
Vivente risco
Vivente riscoVivente risco
Vivente risco
 
Alvarez BláZquez
Alvarez BláZquezAlvarez BláZquez
Alvarez BláZquez
 
As vangardas
As vangardasAs vangardas
As vangardas
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
Esquemas. Teatro 1916-1936
Esquemas. Teatro 1916-1936Esquemas. Teatro 1916-1936
Esquemas. Teatro 1916-1936
 

Plus de xenevra

Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
xenevra
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
xenevra
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estado
xenevra
 

Plus de xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estado
 

TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS

  • 1. Tema 4: O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós. 1.- Antecedentes . Das orixes ó s.XX. Non se conserva ningún texto dramático da Idade Media, mais é evidente que en Galicia existiu - como no resto de Europa - un teatro de tipo litúrxico, e temos informacións indirectas de que estas representacións habían chegar ata o século XVI. Tamén debeu existir un teatro de tipo profano como nolo mostran os diferentes elementos dramáticos dos cancioneiros (danza, música, coro, solista e intérprete), e en especial nas cantigas de amigo, especialmente se estas pertencen a un mesmo autor (lembremos os ciclos de Pero Meogo ou Martín Códax). Durante os Séculos Escuros (XVI, XVII, XVIII), ademais das referencias a ese teatro litúrxico, debemos falar da existencia de formas parateatrais de tipo popular que aínda se manteñen vivas hoxe, como é o caso das celebracións do Entroido en diferentes vilas de Galicia. Cómpre non esquecer que é precisamente nesta época, especialmente nos séculos XVI e XVII cando se produce o esplendor do teatro nas literaturas europeas, esplendor do que non participa a literatura galega, que vive neles as súas horas máis baixas. Do século XVII data a primeira peza teatral conservada na nosa literatura, que é o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1671), obra do licenciado Gabriel Feixoo de Araúxo. Da lª metade do século XIX apenas temos documentación; a primeira peza teatral desta época é unha pequena obra titulada A Casamenteira (1812), de Antonio Benito Fandiño. Un xénero característico destes momentos son os diálogos propagandísticos, que son escritos satíricos de carácter popular, aínda que no anonimato se agachen dous interlocutores instruídos e ilustrados. Neste tipo de escritos predomina a función didáctica, e así empregaban o galego e o carácter popular para provocar verosimilitude no que expuñan. Podemos citar, entre outros, un folleto titulado Proezas de Galicia de Xosé Fernández Neira. Da 2ª metade do século XIX temos coñecemento da primeira obra escenificada, que é A fonte do xuramento, de Francisco Mª de la Iglesia (1882); con ela iníciase o drama realista, social e costumista, de forte tradición no noso teatro. Por outra banda, temos o drama histórico, que reconstrúe episodios da historia de Galicia mesturados con elementos folclóricos ou lendarios; destaca Xoán Cuveiro Piñol coa obra titulada Pedro Madruga, ou Galo Salinas coa obra Torre de Peito Burdelo. Este teatro histórico vai ter menos continuidade no s. XX có drama costumista; aínda así temos algúns representantes en autores como Cotarelo Valledor e Ramón Cabanillas.
  • 2. 2.- O teatro no primeiro terzo do século XX. No que se refire ás tendencias teatrais desta etapa, cómpre sinalar fundamentalmente tres: A) O teatro costumista-ruralista, dominante no conxunto da produción. B) O teatro de tese e propagandístico levado a cabo polas Irmandades da Fala que viron no teatro unha arma eficaz para a educación de masas, espallar as súas ideas nacionalistas e posibilitar a normalización lingüística. É un teatro de ambiente e tema máis urbano cá anterior tendencia. C) O teatro renovador (Dieste e Nós), que concilia o popular e galego coas técnicas da vangarda artística. A) O Rexionalismo. Dentro das estratexias normalizadoras do movemento rexionalista (tal era o nome que se daba a si mesmo o galeguismo de finais do XIX e principios do XX), inaugúrase en 1903 na Coruña a Escola Rexional de Declamación coa presentación da obra "¡Fílla ... !" de Galo Salinas, quen presidía a Escola. O obxectivo da Escola... era consolidar un grupo de teatro estable que garantise a representación de pezas en galego, o que por forza estimularía a súa redacción. O autor máis destacado neste primeiro intento foi Manuel Lugrís Freire con obras como A ponte (1903), primeiro drama galego en prosa . B) Irmandades da Fala. A transición entre o teatro rexionalista e o das Irmandades da Fala, estaría representada polo teatro de Leandro Carré Alvarellos, con obras como Pra vivir ben casados, ou Rexurdimento. O proxecto político e cultural das Irmandades (baseado na significación e oficialización da nosa lingua e en concienciar ao pobo na defensa da súa cultura) non vai ser alleo ao teatro. A importancia que lle concederon a este xénero púxose de manifesto coa publicación de pezas, estudios e informacións variadas, que apareceron en A Nosa Terra. O seu interese quedou ben reflectido coa creación do Conservatorio Nacional de Arte Galega (1919), onde se representa como primeira obra A man de Santiña, de Cabanillas. Anos máis tarde, o Conservatorio transformouse en Escola Dramática Galega (1922-26), e resultou ser a época máis intensa do desenvolvemento do noso teatro. Os homes das Irmandades non só exerceron o seu labor como escritores, senón tamén como críticos teatrais e tradutores de obras estranxeiras. Entre as obras máis importantes das Irmandades debemos salientar O Mariscal (1926), escrita por R. Cabanillas e A. Villar Ponte, xa que mostraba importantes innovacións técnicas. O Mariscal, glosa a figura do Mariscal Pardo de Cela, o derradeiro nobre galego que se enfrontou ao proxecto político centralizador dos Reis Católicos. Un autor teatral que é obrigatorio mencionar, pola asiduidade coa que publicou e representou, e tamén pola calidade da súa produción, é Armando Cotarelo Valledor (1879-1950). Autor realista, preocúpase pola psicoloxía dos personaxes e polo
  • 3. ambiente, que determina as súas accións. Entre as súas obras destacan: Trebón, drama rural en prosa con situacións efectistas, Hostia, traxedia histórica que conta o suplicio de Prisciliano, e Mourenza, drama mariñeiro. C) O teatro do Grupo Nós. Aínda que o teatro non foi o xénero máis cultivado polo Grupo Nós, si foi un dos temas que maior interese espertou neles. Risco, Otero e Castelao traballaron con novas ideas, proxectos e textos, mais a propia sociedade serviu de freo e non propiciou un auténtico desenvolvemento teatral; por iso o teatro destes homes quedou reducido ao plano literario, agás a obra de Castelao , que foi escenificada en vida do autor e supervisada por el mesmo. Eles concibían o teatro como un espectáculo global, introducindo novas técnicas relacionadas con diferentes artes que supoñen a entrada en escena de elementos plásticos (a cor, a luz, o baile, simbolismos ...). Os homes do Grupo Nós van compartir criterios coas correntes da Vangarda europea como o Modernismo, o simbolismo (a corrente máis seguida polo grupo) e o expresionismo, que marcaron entre fins do século XIX e comezos do XX unha ruptura nos contidos e nas formas das artes plásticas e literarias. Nas letras galegas as maiores pegadas afectan ó aspecto formal e están presentes na obra de Castelao, Otero e Risco, os principais importadores e incorporadores das formas europeas á literatura galega. O Grupo Nós realizou a tarefa de europeizar e modernizar o teatro galego, adaptándoo formalmente aos parámetros que tiñan plena actualidade no momento, e tematicamente mantendo os contidos da propia tradición e das nosas raíces. Autores e obras: RISCO.- A única peza teatral publicada é O bufón de El-Rei (1928), drama simbolista que se desenvolve na época medieval, toca a “materia de Bretaña”e é unha reflexión sobre a maldade e sobre o inevitable do destino. OTERO PEDRAYO.- Deixou mostras escritas dun amplo proxecto dramático, pezas breves que permaneceron inéditas ata 1975, cando foron publicadas baixo o título de Teatro de máscaras. Mais a única peza que posúe unha elaboración teatral é A Lagarada (1928), na que a vendima e o viño fan agromar a luxuria e a cobiza dos personaxes, que son populares e deseñados cun forte realismo. Nas escenas tamén aparecen intercaladas mostras de fantasía, maxia ou ambientación poética. Outras pezas do autor son O desengano do prioro e Noite compostelana. CASTELAO.-.Trazou, xunto con Otero, numerosos proxectos teatrais, coincidindo ámbolos dous autores na súa concepción estética e formal do teatro, que é unha síntese dos elementos presentes na realidade (luz, cor, música, baile, palabras) pero é realmente Castelao quen maior atención presta á elaboración artística, fronte a Otero que presenta pezas inacabadas. A única peza que nos deixou, Os vellos non deben de namorarse, é, tamén, a peza máis famosa do teatro galego. Estreada en Bos Aires no ano 1941, trátase dunha farsa dividida en tres lances ou actos, de estrutura
  • 4. paralela e complementados cun prólogo e un epílogo. En cada lance hai un vello namorado dunha moza, en tanto que un mozo desempeña o papel de rival do vello nas súas pretensións amorosas. Aparece tamén a morte como personaxe que, baixo aparencia diferente en cada acto, avisa os vellos das consecuencias fatais do seu namoramento, como indica o refraneiro popular galego. O epílogo, no que aparecen no cemiterio os tres vellos esqueletos comentando a súa imprudencia, pon de manifesto as aparencias e falsidades existentes no mundo. A concepción teatral do rianxeiro consistía no espectáculo global, unha mestura artística de acción dramática, luces, música, baile, escenarios etc. RAFAEL DIESTE.- A fiestra baldeira (1927). Nesta obra, chea de elementos vangardistas, Dieste expón o conflito dun indiano que volve rico da emigración e que se ten que enfrontar ao problema de que a súa muller e a súa filla se avergoñen da orixe social del. O conflito xorde cando o indiano encarga un cadro no que debe escoller entre un fondo de ambientación mariñeira –as súas orixes- ou un fondo de xardín fidalgo – a súa nova condición-.