1. Local sindical: 2ª Planta, Edf. Xefatura Provincial Correos . 15070 A Coruña
Tfno-981.223496, RICO 83230 * E – mail: cgtcorreosacorunha@gmail.com
Sindicato Federal de Correos e Telégrafos
CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO
Sindicato Provincial de Correos de A Coruña
2º Andar Edificio Xefatura Provincial de Correos . 15070 A Coruña
Tlfes: 981.223.496. Rico: 83230. Móvil: 609381811
Mail: cgtcorreosacorunha@gmail.com
Sr VALEDOR DO POBO.
RÚA DO HÓRREO 65
15700 SANTIAGO DE COMPOSTELA.
En Compostela a 6 de Febreiro de 2015.
Estimado Señor.
Don Xan Jove González con DNI 46897858F e Dona Andrea Abeledo Morado con DNI
22633414W, Ambos domicilio no local sindical de CGT-Correos Rúa Alcalde Manuel
Casas S/N 15070, A Coruña.
EXPOÑEMOS
Que, desde fai varios meses Correos SAE está a incumprir sistematicamente a
prestación do Servizo Postal Universal na nosa comunidade Autónoma. Que, foron
numerosas as escritas presentadas na dirección da zona ás persoas responsables
durante os anos 2013 e 2014 de este incumprimento. Que, ante a falta de respostas a
nivel interno en Correos das nosas reiteradas denuncias de este extremo, a mediados
do ano 2013 decidimos impulsar unha campaña de recollida de datos deste
incumprimento, por parte dos carteiros da zona centro da Coruña.
Que a día 26 de decembro de 2014 xa eran 412 os “partes de pendentes” de reparto e
incumprimento de servizo presentados na cidade da Coruña polos compañeiros de
reparto do centro da cidade rexistrados diariamente no rexistro xeral da
administración e dirixido ao xefe de distribución da Zona 1 que abrangue o territorio
galego e outros(documentos adxuntos), o que supoñía unha mostra evidente do
gravísimo incumprimento que Correos estaba a facer das súas obrigas como operador
do servizo postal universal. Nestes informes os carteiros demostran que son moitos os
días no que territorio da nosa comunidade (exemplarizado na cidade da Coruña)
estase deixando de repartir por mor do descenso de plantilla e dos recortes de persoal
efectuadas en toda a nosa xeografía.
2. Local sindical: 2ª Planta, Edf. Xefatura Provincial Correos . 15070 A Coruña
Tfno-981.223496, RICO 83230 * E – mail: cgtcorreosacorunha@gmail.com
Que Correos ten fixadas, pola lei Postal 43/2010 no seu artigo 24 as súas obrigas
como prestador do servizo antes citado. Neste artigo di que “las entregas se
practicarán, al menos, todos los ´dias laborales de lunes a viernes” . Tal como se
reflicte tamén no artigo 3.3 da directiva 97/67/CE del parlamento europeo y del
consejo, de 15 de diciembre de 1997, relativa a las normas comunes para el desarrollo
del mercado interior de los servicios postales de la comunidad y la mejora de la calidad
del servicio. Modificada por la directiva 2008/06/CE del parlamento europeo e do
consello, de 20 febreiro de 2008, pola que se modifica a directiva 97/67/CE en
relación coa plena realización do mercado interior de servizos postais comunitarios,
que estabelece que “ los estados miembros adoptarán medidias para asegurar que el
servicio postal universal quede garantizado, la menos, 5 días laborales por semana (…)
y para que incluya, como mínimo:
-…
-una entrega al domicilio de cada persona física o jurídica…
Que a CGT, en nome destes compañeiros,en data de 26 de decembro realizou
denuncia á Comisión Nacional de los Mercados y de la competencia estes
incumprimentos graves e reitarados. (Documento adxunto 1) Debemos aquí lembrar
que a lei 3/2013 de 4 de Xuño, de creación da Comisión Nacional dos Mercados e da
Competencia, estabelece no seu artigo 8, como unha das funcións de esa comisión,
“velar para que se garantice el Servicio Postal Universal, en cumplimento de la
normativa postal y la libre competencia en el sector”.
Que a comisión nos respondeu (documento adxunto 2) que “durante el mes de octubre
de 2014 la Comisión solicitó informe a Correos SAE por “reclamaciones similares” sin
que se haya detectado ningún incumplimiento o irregularidad en la prestación de l SPU.
Tamén afirma que o “informe anual de calidad es la herramienta legal prevista para
analizar la prestación del SPU”.
Desde CGT afirmamos que este informe de calidade non é a ferramenta correcta para
analizar o cumprimento efectivo de este servizo, pois básase en prazos de entrega de
obxectos e non na cobertura territorial efectiva tal como indicamos arriba “las entregas
se practicarán, al menos, 5 días por semana en todos los domicilios”). A lei postal non
indica prazos de entrega en días, senón que indica que TODO O TERRITORIO DEBE
ESTAR CUBERTO TODOS OS DÍAS LABORAIS POR UN CORRECTO SERVIZO POSTAL. Feito
que non se está a cumprir por mor dos recortes de persoal. Entendemos así que a
comisión non está a velar efectivamente polo correcto cumprimento deste servizo e,
ou; exercendo as súas obrigas de control obviando o que dí a referida lei postal i
emitindo unha resolución interesada a favor da política empresarial de aforro de custes
por parte de correos.
3. Local sindical: 2ª Planta, Edf. Xefatura Provincial Correos . 15070 A Coruña
Tfno-981.223496, RICO 83230 * E – mail: cgtcorreosacorunha@gmail.com
Por todo o anterior, Solicitámoslle:
Que leve a cabo as accións necesarias para que se garanta que a comisión nacional de
mercados e da competencia ditamine as resolucións oportunas atendendo ó mandato
da vixente lei postal, que por ser lei ven investida do carácter de obrigado
cumprimento; que non lle corresponde a informes de parte, os cales por moi boa
valoración técnica que teñan, vulneran sen dubida-lo a legalidade vixente no asunto
que nos ocupa, pois hai cidadáns que non están recibindo a súa correspondencia os
cinco días da semana que ordena a lei postal .
Atentamente.
Xan Jove González. Andrea Abeledo Morado