Un espazo natural nos concellos de A Gudiña e A Mezquita.
É unha área de media montaña de relevo suave que inclúe as serras da Esculqueira, Penedos dos Tres Reinos e Azureira e o curso alto dos ríos Cádavos ou Açureira e das Veigas, afluentes do Rabaçal, da cunca do Douro. Linda polo sur co Parque Natural portugués de Montezinho.
2. É unha área de media montaña de relevo suave que inclúe as serras da
Esculqueira, Penedos dos Tres Reinos e Azureira e o curso alto dos ríos Cádavos
ou Açureira e das Veigas, afluentes do Rabaçal, da cunca do Douro. Linda polo
sur co Parque Natural portugués de Montezinho.
3. SITUACIÓN:
Extremo sudoriental
galego, na fronteira con
Portugal e Castela e León.
Localidades de referencia:
Cádavos, Manzalvos,
Chaguazoso e A
Esculqueira (A Mezquita);
Tameirón, Pentes e A Barxa
(A Gudiña).
SUPERFICIE:
5.739 ha
CONCELLOS:
A Gudiña, A Mezquita
VALORES NATURAIS:
fragas, monte baixo, ríos,
bosques de ribeira,
soutos...
5. Pena Maseira
PROTECCIÓN
Lugar de importancia comunitaria (LIC) 21 de setembro de 2006
Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014
6. CLIMA
Oceánico de montaña, con matices mediterráneos nalgunhas áreas, de contrastes
fortes, húmido e frío en inverno e seco e temperado no verán.
7. É unha zona de relevo suave con picos moi erosionados que conservan na parte
alta formas acasteladas. As rochas máis comúns son os granitos.
A serra da Esculqueira limita o espazo polo sur e a da Azureira ocupa a parte
norte. O pico máis alto do espazo é A Azoreira con 1.394 m.
XEOLOXÍA/RELEVO
8. SERRA DA ESCULQUEIRA
Pequena serra con orientación NO-SE situada ao sur do concello da Mezquita.
Pola liña de cumes discorre a fronteira entre Galiza e Portugal. Está formada por
granitos hercínicos de dúas micas. O punto máis alto é o Serro ou Medo, con
1.143 m.
Vista xeral da Mezquita coa serra da Esculqueira ao fondo
9. Pena Maseira, a formación granítica que lle da nome ao espazo
11. O Castelo de Santigoso
SERRA DA AZOREIRA
Situada entre A Mezquita e Zamora, con orientación NE-SO. Pódese considerar
unha estribación da serra do Marabón. Está formada por materiais graníticos. Os
puntos máis altos son Azoreira, con 1.394, Uzal, con 1.361 m, e O Castelo, con
1.306 m. No estremo norte está o Portelo da Canda, paso natural das estradas de
Galiza á Meseta.
14. PENEDO DOS TRES REINOS
É unha formación rochosa singular situada no medio dunha chaira ao sur da
serra da Azoreira, nas estribacións da serra do Marabón, a 1.004 m de altitude, na
Fraga dos Tres Reinos. Recibe este nome por confluír nel os antigos reinos de
Galiza, Castela e Portugal.
Actualmente sitúase na confluencia dos concellos de Vinhais(Portugal), A
Mezquita (Galiza) e Hermisende (Castela e León).
16. REDE FLUVIAL
O espazo está percorrido por varios ríos e regatos que forman as cabeceiras do
Rabaçal, afluente do Túa que vai ao Douro. Son ríos que sofren unha importante
seca no verán.
17. RÍO MOAS OU PENTES
Nace na serra do Canizo e atravesa o concello da Gudiña ata a fronteira con
Portugal onde se chama Rabaçal. O principal afluente é o Pereiro que nace ao pé
da Portela da Canda e discorre polo linde do espazo no territorio da Gudiña.
Río Pereiro ou Diabredo, na Mezquita
20. REGO DAS VEIGAS OU PARRO E RÍO DE CÁDAVOS
Baixan dos montes de Azoreira e xúntanse en Portugal para formar o río
Assureira, afluente do Rabaçal.
Pontella no Rego das Veigas, na Mezquita
21. TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-
Batrachion
-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix
-Queirogais secos europeos
-Queirogais oromediterráneos endémicos con toxos
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea
-Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de
zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)
-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion
caeruleae)
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Turbeiras altas activas
-'Mires' de transición
-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion
-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-
Veronicion dillenii
-Covas non explotadas polo turismo
-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae,
Salicion albae)
-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica.
22. FLORA
A vexetación presenta características atlánticas e mediterráneas mesturadas. Nas
partes altas domina o monte baixo (xestas, uces, carqueixas, carrascos, tomelo...)
e as brañas. Nos vales consérvanse reboleiras con con sanguiños e bidueiros.
Abondan os soutos, con algúns exemplares de castiñeiros de bo porte. Tamén hai
grandes áreas repoboadas de piñeiros.
29. Souto na Mezquita
Castiñeiro (Castanea sativa)
A Ribeira (Manzalvos, A Mezquita) (P)
Cádavos (A Mezquita) (P)
Prado da Ponte (Cádavos, A Mezquita) (P)
O Val (A Mezquita)
Varios (Manzalvos, A Mezquita)
Chagoazoso (A Mezquita)
Souto dos Trogais (Cádavos, A Mezquita)
(P) Incluídas no catálogo de árbores
senlleiras da Xunta de Galiza
ÁRBORES SENLLEIRAS
30. Castiñeiro da Ribeira. Manzalvos (A
Mezquita) -25 m de altura e 10,85 m de
perímetro. (P)
Castiñeiro O Val. Manzalvos (A Mezquita).
-6,90 m de perímetro no toro.
32. Castiñeiro “O Mola”. Chaguazoso
(A Mezquita). Mide 9,50 m de perímetro. Foi
queimado e só lle queda unha ponla.
Chagoazoso (A Mezquita)
-21,10 m de altura e 9,20 m de perímetro.
35. FAUNA
A fauna deste espazo é a típica de espazos abertos e matogueiras: destaca a cría
de numerosas aves da área mediterránea e a presenza da lagarta rabuda
(Psammodromus algirus).
Lagarta rabuda (Psammodromus algirus), atópase na metade sur de Galicia, na zona máis seca.
38. O cuco (Cuculus canorus) pasa o inverno en África e chega na primavera para criar.
Deixa os ovos no niño de paxaros insectívoros que se encargan de criarlle os polos.
43. O castiñeiro é a árbore máis cultivada nesta área
pola súa doble utilidade froiteira e forestal.
44. Cádavos
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
O territorio estivo poboado desde tempos prehistóricos do que dan testemuña
algúns castros.
A Mezquita é un concello onde houbo unha importante emigración a América do
Sur, especialmente a Chile.
Pola fronteira entre Cádavos e Manzalvos había unha importante ruta de
comercialización de “pana”, tecidos de liño elaborados na zona de Bragança en
Portugal con destino ao ferrocarril (A Rua) para mandalos a Barcelona.
Unha ruta recorda esta actividade.
46. Penedo dos Tres Reinos
PUNTOS DE INTERESE
-Penedo dos Tres Reinos
-Monte Medo: vista panorámica.
-Penafurada (río Pentes) e minas de Valgrande
-Canón do río Pereiro
-Soutos: Cádavos, Chagoazoso, Manzalvos
-Manzalvos: igrexa de San Antonio (séculos XII-XIII)