SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  60
Télécharger pour lire hors ligne
Profesor: Adán Gonçalves
INTRODUCIÓN
 O aparello circulatorio encárgase do transporte de O2, CO2, nutrientes e
substancias de refugallo. Tamén se ocupa do transporte de hormonas, da
regulación da temperatura corporal, ten función homeostática (estabilidade do
medio) e participa na defensa do organismo.
 O aparello excretor ocúpase do filtrado das substancias de refugallo e
participa tamén na homeostase ao regular a composición de auga, ións e sales
disoltos do medio interno.
1. TRANSPORTE DE SUBSTANCIAS
 Nos animais máis sinxelos (poríferos, cnidarios e a maioría dos
platelhelmintos) o transporte sucede directamente dende o plasma
intersticial cara ás células, e non hai, polo tanto, aparello circulatorio.
En animais máis complexos esto non é eficaz e precísase un sistema de
condutos e unha bomba propulsora, é dicir, un aparello circulatorio.
 Nos vertebrados, o aparello circulatorio está formado polo sistema
circulatorio e o linfático como xa comentamos noutros temas.
 Os compoñentes do circulatorio na maioría dos animais son: un líquido
circulatorio (sangue e linfa, hemolinfa...), uns vasos, e o corazón ( a bomba
propulsora).
1.1. Líquidos circulantes
 Formados por auga, sales minerais, proteínas, células e pigmentos
respiratorios.
 Tipos: hidrolinfa, hemolinfa, linfa e sangue.
INVERTEBRADOS VERTEBRADOS
Hemolinfa Hidrolinfa Sangue Sangue Linfa
Grupo animal Anélidos,
moluscos e
artrópodos
Equinodermos Anélidos
Compoñentes Parecida á
auga do mar
Células e
plasma
Células e
plasma
Plasma e
linfocitos
Pigmento
respiratorio
Hemocianina Sen pigmentos Clorocruorina
e hemoeritrina
Hemoglobina Sen
pigmentos
respiratorios
Cor Azul Verde e
vermello
violeta
Vermello
• Os pigmentos respiratorios son heteroproteínas que conteñen un metal ferro ou
cobre que se une de xeito reversible co osíxeno.
• Precísanse porque o osíxeno disólvese moi mal nos líquidos.
• Tenden a concentrarse en células transportadoras (glóbulos vermellos).
OS PIGMENTOS RESPIRATORIOS
A sangue humana é vermella polo seu contido
en ferro, á dos cangrexos é azul polo seu
contido en cobre, e a das sambesugas verde
pola clorocruorina.
1.2. Vasos circulantes
 Sanguíneos: nos animais con aparellos circulatorios pechados hai: arterias,
veas e capilares.
- Arterias: saen do corazón e levan o sangue a todo o corpo. Son grosas e
elásticas (abundantes fibras elásticas) para resistir a presión sanguínea
responsable da súa circulación. Ramifícanse en arteriolas que rematan nos
capilares.
- Capilares: son unha extensa rede microscópica de vasos formados por un
endotelio que permite o intercambio de substancias.
- Veas: retornan a sangue de todo o corpo ao corazón. A unión dos capilares
orixina vénulas que a súa vez se unen para orixinar as veas que regresan ao
corazón. Son máis finas que as arterias e posúen no seu interior as válvulas
semilunares ou venosas que impiden o retroceso sanguíneo. A súa circulación
débese a presión residual e a acción da musculatura lisa.
1.2. Vasos circulantes
 Linfáticos: os vasos linfáticos son condutos de paredes delgadas repartidos
por todo o corpo e que rematan en capilares cegos.
No interior destes vasos hai válvulas internas que impiden o retroceso e a linfa
avanza grazas ás contraccións musculares das paredes.
Ao longo dos vasos linfáticos hai agrupacións celulares que denominados
ganglios linfáticos cun importante papel defensivo (almacén de linfocitos e
macrófagos) como xa comentamos noutros temas.
O sistema linfático recolle e drena o exceso de plasma intersticial mediante
filtrado dende o plasma sanguíneo para posteriormente levalo de volta ao
sistema circulatorio. Ademais a través dos vasos quilíferos transporta as
graxas procedentes das pilosidades intestinais.
Os vasos linfáticos desembocan no torrente sanguíneo a nivel das veas
subclavias a través do conduto torácico e do conduto linfático dereito.
2. TIPOS DE CIRCULATORIO
Segundo o tipo de conexión entre os vasos podemos diferenciar dúas
variedades de aparello circulatorio: aberto e pechado.
 Aberto: tamén chamado lagunar, no que os vasos verten a lagoas ou espazos
intercelulares, o hemocele, onde se realiza o intercambio de nutrientes coas
células. O líquido retorna ao circuito dende estas lagoas ao ser recollido por
outros vasos cara un corazón con ostiolos.
Precisa de grandes volumes e presións baixas.É característico de Artrópodos e
Moluscos (non cefalópodos).
2. TIPOS DE CIRCULATORIO
 Pechado: o líquido circula sempre polo interior de vasos.
O paso de nutrientes realízase por difusión dende os capilares.
Característico de anélidos, cefalópodos e vertebrados.
Hai dous tipos de circuitos: simple e dobre.
- Simple: o sangue pasa unha soa vez polo corazón. É menos eficaz (un
ventrículo bombea para todo o corpo). Típico de peixes e anélidos.
2. TIPOS DE CIRCULATORIO
- Dobre: o sangue pasa dúas veces polo corazón orixinando dous circuítos:
menor ou pulmonar e maior, xeral ou sistémico.
Circuíto pulmonar: o sangue sae do corazón cara aos pulmóns, onde se
osixena, e retorna ao corazón.
Circuíto xeral: o sangue con osíxeno sae do corazón cara o resto do corpo
cedendo o osíxeno ás células e recollendo o dióxido de carbono. Despois
retorna ao corazón para iniciar a circulación menor.
A circulación dobre é completa cando non se mestura o sangue con osíxeno co
sangue sen osíxeno (na maioría dos vertebrados).
Falamos de circulación dobre incompleta cando hai mezcla (un só ventrículo),
como sucede nos anfibios e nos réptiles (excepción cocodrilianos).
3. APARELLOS CIRCULATORIOS ABERTOS
ARTRÓPODOS
Posúen un corazón tubular en posición dorsal
rodeado dunha cavidade pericárdica. A hemolinfa
entra na cavidade e posteriormente, por succión
no corazón a través dos ostíolos (con válvulas que
impiden o retorno). A contracción do corazón
envía a hemolinfa a través das arterias cara ao o
hemocele onde se produce o intercambio.
En crustáceos con respiración branquial a
hemolinfa pasa polas branquias antes de acceder
ao corazón.
Nos insectos hai unha única aorta dorsal que sae
do corazón e a hemolinfa non transporta gases
(as tráqueas os difunden xa polos tecidos).
3. APARELLOS CIRCULATORIOS ABERTOS
MOLUSCOS NON CEFALÓPODOS
Posúen un corazón tabicado (tres cámaras-acuáticos/ dúas cámaras-
terrestres) nunha cavidade pericárdica.
A hemolinfa circula dende o ventrículo cara o hemocele. Aquí recóllese
e lévase cara as branquias ou pulmóns (osixenación) e retorna ao
corazón.
Nalgúns casos hai corazóns auxiliares (corazóns branquiais), xa que hai
moi pouca presión e a hemolinfa vai moi lenta.
4. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN
INVERTEBRADOS
CEFALÓPODOS
Debido ao seu maior tamaño os
moluscos cefalópodos posúen un
sistema pechado simple.
Teñen un corazón tabicado (2-4
aurículas- 1 ventrículo) do que sae o
sangue cara o resto do corpo e ás
branquias onde se osixena.
Debido a pouca presión do sistema,
posúen corazóns branquiais que a
aumentan para que o sangue chegue
o corazón principal.
4. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN
INVERTEBRADOS
ANÉLIDOS
Posúen dous vasos:
- Un vaso dorsal que impulsa o líquido car o extremo anterior.
- Un vaso ventral que impulsao cara o resto do corpo.
Ambolos dous vasos están conectados por cinco pares de arcos aórticos
contrátiles que fan de corazón.
5. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN
VERTEBRADOS
PEIXES
Teñen circulación pechada simple e un
corazón cunha aurícula (reciben o sangue) e
un ventrículo (expulsan o sangue).
O ventrículo impulsa o sangue cara as
branquias onde se osixena e retorna ao
corazón polas veas que dan ao seo venoso
xusto antes de entrar na aurícula.
5. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN
VERTEBRADOS
ANFIBIOS
Posúen unha circulación pechada dobre
incompleta, xa que o sangue mestúrase no
único ventrículo.
O corazón ten dúas aurículas e un
ventrículo. A aurícula dereita recibe o
sangue procedente do resto do corpo (sen
osíxeno) e a esquerda a que ven dos
pulmóns.(con osíxeno). As dúas aurículas
verten o seu contido a un único ventrículo.
Teñen respiración cutánea polo que posúen
vasos pulmonares que se aproximan a pel.
5. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN
VERTEBRADOS
RÉPTILES
Todos os réptiles, excepto os cocodrilianos, teñen unha circulación pechada
dobre e incompleta, aínda que neste caso o ventrículo esta lixeiramente
tabicado.
Teñen, por tanto, un corazón con dúas aurículas e un ventrículo.
Nos cocodrilianos aparece xa un corazón tetracamaral permitindo a separación
do sangue e orixinando unha circulación completa máis eficaz.
CIRCULACIÓN DOBLE INCOMPLETA
Nos anfibios hai dos aurículas e un
ventrículo.
En reptiles (excepto cocodrilos) hai
dúas aurículas e un ventrículo
parcialmente tabicado.
Evolución
5. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN
VERTEBRADOS
AVES E MAMÍFEROS
Teñen unha circulación pechada dobre e completa.
Posúen un corazón tetracamaral (2 aurículas e 2 ventrículos). A parte
dereita recibe a sangue con dióxido de carbono e a esquerda a rica en
osíxeno.
O circuito ten alta presión sanguínea en todo o percorrido grazas a maior
independencia dos dous lados do corazón.
A principal diferenza entre aves e mamíferos e que a aorta diríxese ao lado
esquerdo do corpo nas aves e nos mamíferos vai cara o dereito.
6. O CORAZÓN DOS MAMÍFEROS
É un órgano oco situado na cavidade torácica entre os pulmóns.
Atópase recuberto dun saco de tecido conxuntivo chamado pericardio e as súas
paredes son fundamentalmente tecido muscular cardíaco que constitúe o
miocardio.
As veas coronarias irrigan os tecidos do corazón.
É tetracamaral: 2 aurículas na parte superior e 2 ventrículos na parte inferior.
Entre as aurículas e os ventrículos hai tabiques de separación.
A aurícula e ventrículo de cada lado están conectadas por válvulas.
No lado dereito temos a válvula tricúspide e no esquerdo a válvula mitral.
AURÍCULAS VENTRÍCULOS
Máis pequenas Máis grandes
Paredes finas Paredes grosas
Bombea sangue só cara os
ventrículos
Bombea sangue fóra do
corazón
FUNCIONAMENTO DO CORAZÓN
O latexo cardíaco consta de dous
movementos: a contracción ou sístole e a
relaxación ou diástole.
Estos movementos están coordinados de
xeito que cando as aurículas están en
diástole os ventrículos están en sístole e o
revés.
Cando unha destas cámaras está en
diástole (relaxación) penetra o sangue nela
e cando se contrae (sístole) o sangue sae.
O ciclo cardíaco
EL LATIDO CARDIACO
7. DIFERENCIA EXCRECIÓN-DEFECACIÓN
INXESTA DE ALIMENTO
Dixestión
extracelular
dos alimentos
Absorción
Metabolismo
Produción de
refugallos
Alimentos non
asimilados
Feces
EXCRECIÓN
EXESTIÓN
8. EXCRECIÓN EN ANIMAIS
Consiste básicamente na expulsión dos refugallos do metabolismo.
Na maioría dos animais as substancias non gasosas son expulsadas por órganos
do aparello excretor.
Algunhas das substancias que son excretadas poden ser moi tóxicas, por
exemplo os derivados nitroxenados.
Outras non o son, pero poden representar igualmente un problema para o
animal, como o exceso de sales en animais acuáticos.
Os refugallos poden expulsarse pola pel, tanto en invertebrados como en
vertebrados; sen embargo, o aumento da complexidade conlevou a aparición de
órganos e estruturas específicas na excreción.
Os produtos de refugallo máis importantes son: a auga, as sales, o dióxido de
carbono e os derivados nitroxenados.
8. EXCRECIÓN EN ANIMAIS
 A auga é eliminada:
- Nos animais acuáticos polos ouriños.
- Nos terrestres polos ouriños, na respiración, e a través do suor.
 O CO2 elimínase polas superficies respiratorias: a pel, as traqueas, as
branquias e os pulmóns.
 As sales son eliminadas polos ouriños e o suor.
 Os produtos nitroxenados son orixinados no metabolismo proteico e dos
ácidos nucleicos. Deben ser expulsados do organismo porque son tóxicos. A
expulsión pode realizarse en forma de amoníaco, ácido úrico ou urea..
Atendendo a esto podemos falar de animais amoniotélicos, ureotélicos e
uricotélicos.
Animais amoniotélicos
Son os animais que expulsan os produtos
nitroxenados en forma de amoníaco. Como
éste, é un produto moi tóxico debe ser
expulsado moi diluido, por iso, este tipo de
excreción é típica de animais acuáticos como
os peixes óseos e os invertebrados acuáticos.
Animais ureotélicos
Neste caso os produtos nitroxenados
convírtense en urea que é menos tóxica e
require menos cantidade de auga na súa
expulsión. É característico de peixes
cartilaxinosos, anfibios e mamíferos.
Animais uricotélicos
Convirten os produtos nitroxenados
en ácido úrico que é unha substancia
menos tóxica que a urea.
Por esta razón é expulsada con un
gran aforro de auga en forma dunha
pasta branca semisólida.
É típica de animais adaptados a
ambientes secos como algúns
insectos, e réptiles ou nos que non
sería práctico acumular auga polo seu
modo de vida, as aves.
8. EXCRECIÓN EN ANIMAIS
• Nos animais máis sinxelos, como poríferos ou cnidarios, a excreción
supón unha simple difusión de substancias cara o medio externo.
• A medida que aumentou a complexidade estrutural, este sistema deixou de ser
eficaz, pois non todas as células están preto do medio externo e por iso xurdiron
estruturas especializadas: os órganos excretores.
8. EXCRECIÓN EN ANIMAIS
Nefrostoma
Nefridiopor
oMetanefridi
o
9. ÓRGANOS EXCRETORES EN INVERTEBRADOS
• Protonefridios:
Característico de animais sen celoma como os platelhelmintos.
O sistema excretor está formado por un conxunto de túbulos que nun
extremo, dependendo do animal, teñen células con cilios (célula flamíxera) ou
con flaxelos (solenocitos) e noutro extremo conectan con poros excretores
de saída.
Os refugallos pasan aos túbulos por filtración e o movemento dos cilios ou
flaxelos mobilizan os líquidos cara os poros de saída.
9. ÓRGANOS EXCRETORES EN INVERTEBRADOS
• Metanefridios:
Son órganos excretores característicos de anélidos e moluscos.
Son estruturas abertas polos dous extremos unha abre a cavidade celómica
do anel anterior e está rodeada de cilios (nefrostoma) e a outra cara o
exterior (nefridioporo).
Os refugos son recollidos polos cilios do nefrostoma e pasan ao túbulo que os
levará ao exterior a través do nefridioporo.
O metanefridio está rodeado de capilares porque ao longo dos túbulos
prodúcese reabsorción de substancias.
Metanefridios
Nefrostoma
Celoma
Red de
capilares
Componentes del
metanefridio
nefridioporo
nefrostoma
Túbulo colector
vejiga
9. ÓRGANOS EXCRETORES EN INVERTEBRADOS
• Glándulas antenales, maxilares ou
verdes:
Son características de crustáceos.
Rematan na base das antenas ou nas
maxilas e nos decápodos (gamba,
lubrigante...) son verdes.
Son pares e están vascularizadas
constan dun saco cego ou cámara
glandular que recolle o filtrado, un
túbulo excretor e unha vexiga de
almacenamento que conecta co
exterior a través dun poro.
• Túbulos de Malpighi: É típico de insectos.
Son uns tubos pechados por un dos
extremos e que comunican co aparello
dixestivo polo outro.
Os refugallos fíltranse á luz do tubo e
desembocan no dixestivo onde son
expulsados cos restos non asimilados da
dixestión.
A auga e algunhas sales reabsórbense no
intestino.
9. ÓRGANOS EXCRETORES EN INVERTEBRADOS
10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS
A excreción nos vertebrados lévase a cabo dende diversos órganos dos
que os máis importantes son os riles que xunto con outras estruturas
conforma o sistema renal ou urinario.
Os riles están formados por unha unidade básica denominada nefrona ou
nefróns onde se producen os ouriños.
Ademais dos riles, pódense expulsar refugos a través da pel, das
branquias, dos pulmóns, na bile e a través de glándulas da sal.
10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS
O sistema urinario:
Está formado polos órganos e condutos que recollen,
almacenan e expulsan a urina.
 Riles: órgano que contén as nefronas.
 Uréteres: condutos que levan a urina a vexiga
urinaria.
 Vexiga urinaria: órgano que recolle e almacena os
ouriños.
 Urétra: conduto que comunica co exterior.
10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS
Os riles:
Nun ril podemos diferenciar:
 Cápsula renal: é a cuberta externa.
 Codia renal: de cor vermello claro e formada por conxuntivo, é o lugar onde
se atopan os glomérulos e as cápsulas de Bowman.
 Médula renal: de cor vermello escuro, presenta estruturas piramidais
(cálices) formadas por tubos colectores unidos por conxuntivo que desembocan
na pelve renal.
 Pelve renal: estrutura a modo de embudo onde desembocan os tubos
colectores, e que conecta co uréter.
Funcionamento dos riles: no ril atopamos dous grandes vasos a arteria renal e a
vea renal. A arteria leva o sangue con substancias tóxicas ao ril que son
retiradas da circulación no glomérulo. A vea recolle a sangue limpa e retornaá
ao corazón.
10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS
Nefronas ou nefróns:
Son a unidade funcional dos riles. Varian en complexidade nos distintos grupos
de vertebrados (pronefros, mesomefros e metanefros), pero nos réptiles, aves
e mamíferos responde a seguinte estrutura:
 Cápsula de Bowman: é o extremo do nefrón, ten forma de copa e rodea unha
rede de capilares denominada glomérulo conectados cunha arteriola aferente
(de entrada) e unha eferente (de saída).
 Túbulo contorneado proximal: de aspecto sinuoso.
 Asa de Henle: estreitamento do tubo proximal con forma de “U”. Posúe unha
rama descendente, que chega a médula, e unha ascendente que regresa a codia.
 Túbulo contorneado distal: comunica a asa de Henle co tubo colector a onde
desembocan varios túbulos distais.
10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS
Formación dos ouriños:
Consta de varias fases:
 Filtrado glomerular: consiste no paso do sangue dende os capilares á
cápsula de Bowman. Non pasan células, nin a maioría das proteínas
plasmáticas. Fíltrase glicosa, aa, vitaminas, auga e sales minerais e
refugallos como a urea e o ácido úrico.
 Reabsorción tubular: consiste en recoller nos capilares de arredor parte
do líquido filtrado para reaproveitar determinadas substancias:
- Túbulo proximal: auga, aa, glicosa, ións Na, K e Cl, urea e vit.
- Asa de Henle: descendente: auga/ ascendente:Na e Cl
- Túbulo distal: auga e Na.
 Secrección tubular: certa cantidade de subtancias son secretadas dende
os capilares cara os túbulos da nefrona como K, creatina e algún fármaco...
O líquido producido pasa aos tubos colectores- pelve renal-uréter-vexiga
urinaria (almacén 0,5 l). Diariamente producidos 1,5 l de urina.
10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS
Regulación da concentración da urina:
 Os ouriños serán máis ou menos concentrados dependendo da reabsorción
de auga na nefrona.
 A reabsorción ten un control hormonal pola hormona antidiurética (ADH)
segregada pola hipófise.
 Se se produce un aumento da concentración de sales no medio interno,
segrégase ADH aumentando a reabsorción de auga nos riles e dando lugar a
unha urina máis concentrada e facilitando unha maior dilución do medio
interno.
 Este proceso contribúe a homeostase do medio interno.
GRAZAS POR ATENDERME
Bibliografía e webgrafía:
- Castillo de la Torre, Aurelio; Meléndez Hevia, Ignacio; Madrid Rangel, Miguel
Ángel; Blanco Kroeger, Marcos. 2008.“Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato”.
Proxecto A Casa do Saber. Obradoiro-Santillana. Santiago de Compostela.
España.
http://informaciona.com/el-aparato-excretor/videos
http://salud.facilisimo.com/foros/enfermedades/anemia_525006.html
http://www.slideshare.net/adaneco/nutricion-28774400
http://www.slideshare.net/EDU3364/tema-10-2-aparato-circulatorio
http://www.slideshare.net/laprofedenaturales/tema-9-nutricion-en-animales-ii

Contenu connexe

Tendances (18)

Tema 4 ap circul e excretor
Tema 4 ap circul e excretorTema 4 ap circul e excretor
Tema 4 ap circul e excretor
 
A nutrición
A nutriciónA nutrición
A nutrición
 
Diálise - Luis M & Noelia V
Diálise - Luis M & Noelia VDiálise - Luis M & Noelia V
Diálise - Luis M & Noelia V
 
T 11- a utilización do alimento
T 11- a utilización do alimentoT 11- a utilización do alimento
T 11- a utilización do alimento
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Transporte animais
Transporte animaisTransporte animais
Transporte animais
 
A nutrición
A nutrición A nutrición
A nutrición
 
A nutrición circulatorio e excretor
A nutrición  circulatorio e excretorA nutrición  circulatorio e excretor
A nutrición circulatorio e excretor
 
26 excrecion
26 excrecion26 excrecion
26 excrecion
 
Nutrición i
Nutrición iNutrición i
Nutrición i
 
24 intercambio gases
24  intercambio gases24  intercambio gases
24 intercambio gases
 
Tema 3 bioloxia_3_eso
Tema 3 bioloxia_3_esoTema 3 bioloxia_3_eso
Tema 3 bioloxia_3_eso
 
O aparello excretor 1.2.
O aparello excretor 1.2.O aparello excretor 1.2.
O aparello excretor 1.2.
 
A NUTRICIÓN
A NUTRICIÓNA NUTRICIÓN
A NUTRICIÓN
 
A nutrición circulatorio e excretor
A nutrición  circulatorio e excretorA nutrición  circulatorio e excretor
A nutrición circulatorio e excretor
 
Aparello circulatorio
Aparello circulatorioAparello circulatorio
Aparello circulatorio
 
O APARATO EXCRETOR.5º PRIMARIA
O APARATO EXCRETOR.5º PRIMARIAO APARATO EXCRETOR.5º PRIMARIA
O APARATO EXCRETOR.5º PRIMARIA
 
Os aparellos que interveñen na nutrición
Os aparellos que interveñen na nutriciónOs aparellos que interveñen na nutrición
Os aparellos que interveñen na nutrición
 

En vedette

En vedette (20)

Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Nutrición animais
Nutrición animaisNutrición animais
Nutrición animais
 
2015 Upload Campaigns Calendar - SlideShare
2015 Upload Campaigns Calendar - SlideShare2015 Upload Campaigns Calendar - SlideShare
2015 Upload Campaigns Calendar - SlideShare
 
What to Upload to SlideShare
What to Upload to SlideShareWhat to Upload to SlideShare
What to Upload to SlideShare
 
Getting Started With SlideShare
Getting Started With SlideShareGetting Started With SlideShare
Getting Started With SlideShare
 
Proesanc 2012
Proesanc 2012Proesanc 2012
Proesanc 2012
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Vivir máis adán
Vivir máis adánVivir máis adán
Vivir máis adán
 
CNO PARIS : USURES ET EROSIONS - DR E. D'INCAU
CNO PARIS : USURES ET EROSIONS - DR E. D'INCAUCNO PARIS : USURES ET EROSIONS - DR E. D'INCAU
CNO PARIS : USURES ET EROSIONS - DR E. D'INCAU
 
Museologia e o Pacto Roerich 1935 (Estudos sobre Museus e Patrimônio Cultural)
Museologia e o Pacto Roerich   1935 (Estudos sobre Museus e Patrimônio Cultural)Museologia e o Pacto Roerich   1935 (Estudos sobre Museus e Patrimônio Cultural)
Museologia e o Pacto Roerich 1935 (Estudos sobre Museus e Patrimônio Cultural)
 
Le droit du e learning
Le droit du e learningLe droit du e learning
Le droit du e learning
 
Le droit du e learning
Le droit du e learningLe droit du e learning
Le droit du e learning
 
Internet en points de vente : mobiles, tablettes ou autres écrans connectés
Internet en points de vente : mobiles, tablettes ou autres écrans connectésInternet en points de vente : mobiles, tablettes ou autres écrans connectés
Internet en points de vente : mobiles, tablettes ou autres écrans connectés
 
Optimiser votre Time to Market avec Acquia Site Factory
Optimiser votre Time to Market avec Acquia Site FactoryOptimiser votre Time to Market avec Acquia Site Factory
Optimiser votre Time to Market avec Acquia Site Factory
 
E-Transformation du Secteur du Quantified Self
E-Transformation du Secteur du Quantified SelfE-Transformation du Secteur du Quantified Self
E-Transformation du Secteur du Quantified Self
 
E-segmentation des internautes - Microsoft Advertising - Juin 2013
E-segmentation des internautes - Microsoft Advertising - Juin 2013E-segmentation des internautes - Microsoft Advertising - Juin 2013
E-segmentation des internautes - Microsoft Advertising - Juin 2013
 
E-tourisme
E-tourismeE-tourisme
E-tourisme
 
Les objets connectés : qui sont-ils et comment vivre avec eux ?
Les objets connectés : qui sont-ils et comment vivre avec eux ?Les objets connectés : qui sont-ils et comment vivre avec eux ?
Les objets connectés : qui sont-ils et comment vivre avec eux ?
 
E reputation & pinterest
E reputation & pinterestE reputation & pinterest
E reputation & pinterest
 
Les Reseaux de Distribution Publique MT Dans le Monde
Les Reseaux de Distribution Publique MT Dans le MondeLes Reseaux de Distribution Publique MT Dans le Monde
Les Reseaux de Distribution Publique MT Dans le Monde
 

Similaire à Nutricion ii aparello circulatorio

O sistema circulatorio
O sistema circulatorioO sistema circulatorio
O sistema circulatorio
martinfod
 

Similaire à Nutricion ii aparello circulatorio (20)

Resumo t5 naturais_6
Resumo t5 naturais_6Resumo t5 naturais_6
Resumo t5 naturais_6
 
Ana e ángela
Ana e ángelaAna e ángela
Ana e ángela
 
O APARATO CIRCULATORIO.5ºPRIMARIA
O APARATO CIRCULATORIO.5ºPRIMARIAO APARATO CIRCULATORIO.5ºPRIMARIA
O APARATO CIRCULATORIO.5ºPRIMARIA
 
Os aparellos que interveñen na nutrición
Os aparellos que interveñen na nutriciónOs aparellos que interveñen na nutrición
Os aparellos que interveñen na nutrición
 
Os aparellos que interveñen na nutrición
Os aparellos que interveñen na nutriciónOs aparellos que interveñen na nutrición
Os aparellos que interveñen na nutrición
 
Os aparellos que interveñen na nutrición
Os aparellos que interveñen na nutriciónOs aparellos que interveñen na nutrición
Os aparellos que interveñen na nutrición
 
5 circulatorio excretor
5 circulatorio excretor5 circulatorio excretor
5 circulatorio excretor
 
7 circulatorio excretor
7  circulatorio excretor7  circulatorio excretor
7 circulatorio excretor
 
Aparato circulatorio ana e ángela
Aparato circulatorio ana e ángelaAparato circulatorio ana e ángela
Aparato circulatorio ana e ángela
 
O sistema circulatorio
O sistema circulatorioO sistema circulatorio
O sistema circulatorio
 
O aparello circulatorio
O aparello circulatorioO aparello circulatorio
O aparello circulatorio
 
Tema 8. Funcións Vitais dos Animais
Tema 8. Funcións Vitais dos AnimaisTema 8. Funcións Vitais dos Animais
Tema 8. Funcións Vitais dos Animais
 
A nutrición. A dixestión e a excrección..pdf
A nutrición. A dixestión e a excrección..pdfA nutrición. A dixestión e a excrección..pdf
A nutrición. A dixestión e a excrección..pdf
 
Nutricion
NutricionNutricion
Nutricion
 
Nutrición
NutriciónNutrición
Nutrición
 
5 circulatorio excretor
5 circulatorio excretor5 circulatorio excretor
5 circulatorio excretor
 
A nutrición
A nutriciónA nutrición
A nutrición
 
A nutrición
A nutriciónA nutrición
A nutrición
 
O aparato circulatorio. A circulación..pdf
O aparato circulatorio. A circulación..pdfO aparato circulatorio. A circulación..pdf
O aparato circulatorio. A circulación..pdf
 
As funcións en animais
As funcións en animaisAs funcións en animais
As funcións en animais
 

Plus de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

Plus de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Microorganismos
MicroorganismosMicroorganismos
Microorganismos
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutacións
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 
A célula unidade de vida
A célula unidade de vidaA célula unidade de vida
A célula unidade de vida
 
Base química da vida v ácidos nucleicos
Base química da vida v ácidos nucleicosBase química da vida v ácidos nucleicos
Base química da vida v ácidos nucleicos
 
Base química da vida iv proteínas
Base química da vida iv proteínasBase química da vida iv proteínas
Base química da vida iv proteínas
 

Dernier

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 

Nutricion ii aparello circulatorio

  • 2. INTRODUCIÓN  O aparello circulatorio encárgase do transporte de O2, CO2, nutrientes e substancias de refugallo. Tamén se ocupa do transporte de hormonas, da regulación da temperatura corporal, ten función homeostática (estabilidade do medio) e participa na defensa do organismo.  O aparello excretor ocúpase do filtrado das substancias de refugallo e participa tamén na homeostase ao regular a composición de auga, ións e sales disoltos do medio interno.
  • 3. 1. TRANSPORTE DE SUBSTANCIAS  Nos animais máis sinxelos (poríferos, cnidarios e a maioría dos platelhelmintos) o transporte sucede directamente dende o plasma intersticial cara ás células, e non hai, polo tanto, aparello circulatorio. En animais máis complexos esto non é eficaz e precísase un sistema de condutos e unha bomba propulsora, é dicir, un aparello circulatorio.  Nos vertebrados, o aparello circulatorio está formado polo sistema circulatorio e o linfático como xa comentamos noutros temas.  Os compoñentes do circulatorio na maioría dos animais son: un líquido circulatorio (sangue e linfa, hemolinfa...), uns vasos, e o corazón ( a bomba propulsora).
  • 4. 1.1. Líquidos circulantes  Formados por auga, sales minerais, proteínas, células e pigmentos respiratorios.  Tipos: hidrolinfa, hemolinfa, linfa e sangue. INVERTEBRADOS VERTEBRADOS Hemolinfa Hidrolinfa Sangue Sangue Linfa Grupo animal Anélidos, moluscos e artrópodos Equinodermos Anélidos Compoñentes Parecida á auga do mar Células e plasma Células e plasma Plasma e linfocitos Pigmento respiratorio Hemocianina Sen pigmentos Clorocruorina e hemoeritrina Hemoglobina Sen pigmentos respiratorios Cor Azul Verde e vermello violeta Vermello
  • 5. • Os pigmentos respiratorios son heteroproteínas que conteñen un metal ferro ou cobre que se une de xeito reversible co osíxeno. • Precísanse porque o osíxeno disólvese moi mal nos líquidos. • Tenden a concentrarse en células transportadoras (glóbulos vermellos). OS PIGMENTOS RESPIRATORIOS A sangue humana é vermella polo seu contido en ferro, á dos cangrexos é azul polo seu contido en cobre, e a das sambesugas verde pola clorocruorina.
  • 6. 1.2. Vasos circulantes  Sanguíneos: nos animais con aparellos circulatorios pechados hai: arterias, veas e capilares. - Arterias: saen do corazón e levan o sangue a todo o corpo. Son grosas e elásticas (abundantes fibras elásticas) para resistir a presión sanguínea responsable da súa circulación. Ramifícanse en arteriolas que rematan nos capilares. - Capilares: son unha extensa rede microscópica de vasos formados por un endotelio que permite o intercambio de substancias. - Veas: retornan a sangue de todo o corpo ao corazón. A unión dos capilares orixina vénulas que a súa vez se unen para orixinar as veas que regresan ao corazón. Son máis finas que as arterias e posúen no seu interior as válvulas semilunares ou venosas que impiden o retroceso sanguíneo. A súa circulación débese a presión residual e a acción da musculatura lisa.
  • 7.
  • 8. 1.2. Vasos circulantes  Linfáticos: os vasos linfáticos son condutos de paredes delgadas repartidos por todo o corpo e que rematan en capilares cegos. No interior destes vasos hai válvulas internas que impiden o retroceso e a linfa avanza grazas ás contraccións musculares das paredes. Ao longo dos vasos linfáticos hai agrupacións celulares que denominados ganglios linfáticos cun importante papel defensivo (almacén de linfocitos e macrófagos) como xa comentamos noutros temas. O sistema linfático recolle e drena o exceso de plasma intersticial mediante filtrado dende o plasma sanguíneo para posteriormente levalo de volta ao sistema circulatorio. Ademais a través dos vasos quilíferos transporta as graxas procedentes das pilosidades intestinais. Os vasos linfáticos desembocan no torrente sanguíneo a nivel das veas subclavias a través do conduto torácico e do conduto linfático dereito.
  • 9.
  • 10. 2. TIPOS DE CIRCULATORIO Segundo o tipo de conexión entre os vasos podemos diferenciar dúas variedades de aparello circulatorio: aberto e pechado.  Aberto: tamén chamado lagunar, no que os vasos verten a lagoas ou espazos intercelulares, o hemocele, onde se realiza o intercambio de nutrientes coas células. O líquido retorna ao circuito dende estas lagoas ao ser recollido por outros vasos cara un corazón con ostiolos. Precisa de grandes volumes e presións baixas.É característico de Artrópodos e Moluscos (non cefalópodos).
  • 11. 2. TIPOS DE CIRCULATORIO  Pechado: o líquido circula sempre polo interior de vasos. O paso de nutrientes realízase por difusión dende os capilares. Característico de anélidos, cefalópodos e vertebrados. Hai dous tipos de circuitos: simple e dobre. - Simple: o sangue pasa unha soa vez polo corazón. É menos eficaz (un ventrículo bombea para todo o corpo). Típico de peixes e anélidos.
  • 12. 2. TIPOS DE CIRCULATORIO - Dobre: o sangue pasa dúas veces polo corazón orixinando dous circuítos: menor ou pulmonar e maior, xeral ou sistémico. Circuíto pulmonar: o sangue sae do corazón cara aos pulmóns, onde se osixena, e retorna ao corazón. Circuíto xeral: o sangue con osíxeno sae do corazón cara o resto do corpo cedendo o osíxeno ás células e recollendo o dióxido de carbono. Despois retorna ao corazón para iniciar a circulación menor. A circulación dobre é completa cando non se mestura o sangue con osíxeno co sangue sen osíxeno (na maioría dos vertebrados). Falamos de circulación dobre incompleta cando hai mezcla (un só ventrículo), como sucede nos anfibios e nos réptiles (excepción cocodrilianos).
  • 13.
  • 14. 3. APARELLOS CIRCULATORIOS ABERTOS ARTRÓPODOS Posúen un corazón tubular en posición dorsal rodeado dunha cavidade pericárdica. A hemolinfa entra na cavidade e posteriormente, por succión no corazón a través dos ostíolos (con válvulas que impiden o retorno). A contracción do corazón envía a hemolinfa a través das arterias cara ao o hemocele onde se produce o intercambio. En crustáceos con respiración branquial a hemolinfa pasa polas branquias antes de acceder ao corazón. Nos insectos hai unha única aorta dorsal que sae do corazón e a hemolinfa non transporta gases (as tráqueas os difunden xa polos tecidos).
  • 15. 3. APARELLOS CIRCULATORIOS ABERTOS MOLUSCOS NON CEFALÓPODOS Posúen un corazón tabicado (tres cámaras-acuáticos/ dúas cámaras- terrestres) nunha cavidade pericárdica. A hemolinfa circula dende o ventrículo cara o hemocele. Aquí recóllese e lévase cara as branquias ou pulmóns (osixenación) e retorna ao corazón. Nalgúns casos hai corazóns auxiliares (corazóns branquiais), xa que hai moi pouca presión e a hemolinfa vai moi lenta.
  • 16. 4. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN INVERTEBRADOS CEFALÓPODOS Debido ao seu maior tamaño os moluscos cefalópodos posúen un sistema pechado simple. Teñen un corazón tabicado (2-4 aurículas- 1 ventrículo) do que sae o sangue cara o resto do corpo e ás branquias onde se osixena. Debido a pouca presión do sistema, posúen corazóns branquiais que a aumentan para que o sangue chegue o corazón principal.
  • 17. 4. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN INVERTEBRADOS ANÉLIDOS Posúen dous vasos: - Un vaso dorsal que impulsa o líquido car o extremo anterior. - Un vaso ventral que impulsao cara o resto do corpo. Ambolos dous vasos están conectados por cinco pares de arcos aórticos contrátiles que fan de corazón.
  • 18. 5. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN VERTEBRADOS PEIXES Teñen circulación pechada simple e un corazón cunha aurícula (reciben o sangue) e un ventrículo (expulsan o sangue). O ventrículo impulsa o sangue cara as branquias onde se osixena e retorna ao corazón polas veas que dan ao seo venoso xusto antes de entrar na aurícula.
  • 19. 5. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN VERTEBRADOS ANFIBIOS Posúen unha circulación pechada dobre incompleta, xa que o sangue mestúrase no único ventrículo. O corazón ten dúas aurículas e un ventrículo. A aurícula dereita recibe o sangue procedente do resto do corpo (sen osíxeno) e a esquerda a que ven dos pulmóns.(con osíxeno). As dúas aurículas verten o seu contido a un único ventrículo. Teñen respiración cutánea polo que posúen vasos pulmonares que se aproximan a pel.
  • 20. 5. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN VERTEBRADOS RÉPTILES Todos os réptiles, excepto os cocodrilianos, teñen unha circulación pechada dobre e incompleta, aínda que neste caso o ventrículo esta lixeiramente tabicado. Teñen, por tanto, un corazón con dúas aurículas e un ventrículo. Nos cocodrilianos aparece xa un corazón tetracamaral permitindo a separación do sangue e orixinando unha circulación completa máis eficaz.
  • 21. CIRCULACIÓN DOBLE INCOMPLETA Nos anfibios hai dos aurículas e un ventrículo. En reptiles (excepto cocodrilos) hai dúas aurículas e un ventrículo parcialmente tabicado. Evolución
  • 22. 5. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN VERTEBRADOS AVES E MAMÍFEROS Teñen unha circulación pechada dobre e completa. Posúen un corazón tetracamaral (2 aurículas e 2 ventrículos). A parte dereita recibe a sangue con dióxido de carbono e a esquerda a rica en osíxeno. O circuito ten alta presión sanguínea en todo o percorrido grazas a maior independencia dos dous lados do corazón. A principal diferenza entre aves e mamíferos e que a aorta diríxese ao lado esquerdo do corpo nas aves e nos mamíferos vai cara o dereito.
  • 23.
  • 24. 6. O CORAZÓN DOS MAMÍFEROS É un órgano oco situado na cavidade torácica entre os pulmóns. Atópase recuberto dun saco de tecido conxuntivo chamado pericardio e as súas paredes son fundamentalmente tecido muscular cardíaco que constitúe o miocardio. As veas coronarias irrigan os tecidos do corazón. É tetracamaral: 2 aurículas na parte superior e 2 ventrículos na parte inferior. Entre as aurículas e os ventrículos hai tabiques de separación. A aurícula e ventrículo de cada lado están conectadas por válvulas. No lado dereito temos a válvula tricúspide e no esquerdo a válvula mitral.
  • 25. AURÍCULAS VENTRÍCULOS Máis pequenas Máis grandes Paredes finas Paredes grosas Bombea sangue só cara os ventrículos Bombea sangue fóra do corazón
  • 26. FUNCIONAMENTO DO CORAZÓN O latexo cardíaco consta de dous movementos: a contracción ou sístole e a relaxación ou diástole. Estos movementos están coordinados de xeito que cando as aurículas están en diástole os ventrículos están en sístole e o revés. Cando unha destas cámaras está en diástole (relaxación) penetra o sangue nela e cando se contrae (sístole) o sangue sae.
  • 27.
  • 29.
  • 30.
  • 32.
  • 33. 7. DIFERENCIA EXCRECIÓN-DEFECACIÓN INXESTA DE ALIMENTO Dixestión extracelular dos alimentos Absorción Metabolismo Produción de refugallos Alimentos non asimilados Feces EXCRECIÓN EXESTIÓN
  • 34. 8. EXCRECIÓN EN ANIMAIS Consiste básicamente na expulsión dos refugallos do metabolismo. Na maioría dos animais as substancias non gasosas son expulsadas por órganos do aparello excretor. Algunhas das substancias que son excretadas poden ser moi tóxicas, por exemplo os derivados nitroxenados. Outras non o son, pero poden representar igualmente un problema para o animal, como o exceso de sales en animais acuáticos. Os refugallos poden expulsarse pola pel, tanto en invertebrados como en vertebrados; sen embargo, o aumento da complexidade conlevou a aparición de órganos e estruturas específicas na excreción. Os produtos de refugallo máis importantes son: a auga, as sales, o dióxido de carbono e os derivados nitroxenados.
  • 35. 8. EXCRECIÓN EN ANIMAIS  A auga é eliminada: - Nos animais acuáticos polos ouriños. - Nos terrestres polos ouriños, na respiración, e a través do suor.  O CO2 elimínase polas superficies respiratorias: a pel, as traqueas, as branquias e os pulmóns.  As sales son eliminadas polos ouriños e o suor.  Os produtos nitroxenados son orixinados no metabolismo proteico e dos ácidos nucleicos. Deben ser expulsados do organismo porque son tóxicos. A expulsión pode realizarse en forma de amoníaco, ácido úrico ou urea.. Atendendo a esto podemos falar de animais amoniotélicos, ureotélicos e uricotélicos.
  • 36. Animais amoniotélicos Son os animais que expulsan os produtos nitroxenados en forma de amoníaco. Como éste, é un produto moi tóxico debe ser expulsado moi diluido, por iso, este tipo de excreción é típica de animais acuáticos como os peixes óseos e os invertebrados acuáticos.
  • 37. Animais ureotélicos Neste caso os produtos nitroxenados convírtense en urea que é menos tóxica e require menos cantidade de auga na súa expulsión. É característico de peixes cartilaxinosos, anfibios e mamíferos.
  • 38. Animais uricotélicos Convirten os produtos nitroxenados en ácido úrico que é unha substancia menos tóxica que a urea. Por esta razón é expulsada con un gran aforro de auga en forma dunha pasta branca semisólida. É típica de animais adaptados a ambientes secos como algúns insectos, e réptiles ou nos que non sería práctico acumular auga polo seu modo de vida, as aves.
  • 39.
  • 40. 8. EXCRECIÓN EN ANIMAIS • Nos animais máis sinxelos, como poríferos ou cnidarios, a excreción supón unha simple difusión de substancias cara o medio externo.
  • 41. • A medida que aumentou a complexidade estrutural, este sistema deixou de ser eficaz, pois non todas as células están preto do medio externo e por iso xurdiron estruturas especializadas: os órganos excretores. 8. EXCRECIÓN EN ANIMAIS Nefrostoma Nefridiopor oMetanefridi o
  • 42. 9. ÓRGANOS EXCRETORES EN INVERTEBRADOS • Protonefridios: Característico de animais sen celoma como os platelhelmintos. O sistema excretor está formado por un conxunto de túbulos que nun extremo, dependendo do animal, teñen células con cilios (célula flamíxera) ou con flaxelos (solenocitos) e noutro extremo conectan con poros excretores de saída. Os refugallos pasan aos túbulos por filtración e o movemento dos cilios ou flaxelos mobilizan os líquidos cara os poros de saída.
  • 43. 9. ÓRGANOS EXCRETORES EN INVERTEBRADOS • Metanefridios: Son órganos excretores característicos de anélidos e moluscos. Son estruturas abertas polos dous extremos unha abre a cavidade celómica do anel anterior e está rodeada de cilios (nefrostoma) e a outra cara o exterior (nefridioporo). Os refugos son recollidos polos cilios do nefrostoma e pasan ao túbulo que os levará ao exterior a través do nefridioporo. O metanefridio está rodeado de capilares porque ao longo dos túbulos prodúcese reabsorción de substancias.
  • 46. 9. ÓRGANOS EXCRETORES EN INVERTEBRADOS • Glándulas antenales, maxilares ou verdes: Son características de crustáceos. Rematan na base das antenas ou nas maxilas e nos decápodos (gamba, lubrigante...) son verdes. Son pares e están vascularizadas constan dun saco cego ou cámara glandular que recolle o filtrado, un túbulo excretor e unha vexiga de almacenamento que conecta co exterior a través dun poro.
  • 47. • Túbulos de Malpighi: É típico de insectos. Son uns tubos pechados por un dos extremos e que comunican co aparello dixestivo polo outro. Os refugallos fíltranse á luz do tubo e desembocan no dixestivo onde son expulsados cos restos non asimilados da dixestión. A auga e algunhas sales reabsórbense no intestino. 9. ÓRGANOS EXCRETORES EN INVERTEBRADOS
  • 48.
  • 49.
  • 50. 10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS A excreción nos vertebrados lévase a cabo dende diversos órganos dos que os máis importantes son os riles que xunto con outras estruturas conforma o sistema renal ou urinario. Os riles están formados por unha unidade básica denominada nefrona ou nefróns onde se producen os ouriños. Ademais dos riles, pódense expulsar refugos a través da pel, das branquias, dos pulmóns, na bile e a través de glándulas da sal.
  • 51. 10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS O sistema urinario: Está formado polos órganos e condutos que recollen, almacenan e expulsan a urina.  Riles: órgano que contén as nefronas.  Uréteres: condutos que levan a urina a vexiga urinaria.  Vexiga urinaria: órgano que recolle e almacena os ouriños.  Urétra: conduto que comunica co exterior.
  • 52. 10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS Os riles: Nun ril podemos diferenciar:  Cápsula renal: é a cuberta externa.  Codia renal: de cor vermello claro e formada por conxuntivo, é o lugar onde se atopan os glomérulos e as cápsulas de Bowman.  Médula renal: de cor vermello escuro, presenta estruturas piramidais (cálices) formadas por tubos colectores unidos por conxuntivo que desembocan na pelve renal.  Pelve renal: estrutura a modo de embudo onde desembocan os tubos colectores, e que conecta co uréter.
  • 53. Funcionamento dos riles: no ril atopamos dous grandes vasos a arteria renal e a vea renal. A arteria leva o sangue con substancias tóxicas ao ril que son retiradas da circulación no glomérulo. A vea recolle a sangue limpa e retornaá ao corazón.
  • 54. 10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS Nefronas ou nefróns: Son a unidade funcional dos riles. Varian en complexidade nos distintos grupos de vertebrados (pronefros, mesomefros e metanefros), pero nos réptiles, aves e mamíferos responde a seguinte estrutura:  Cápsula de Bowman: é o extremo do nefrón, ten forma de copa e rodea unha rede de capilares denominada glomérulo conectados cunha arteriola aferente (de entrada) e unha eferente (de saída).  Túbulo contorneado proximal: de aspecto sinuoso.  Asa de Henle: estreitamento do tubo proximal con forma de “U”. Posúe unha rama descendente, que chega a médula, e unha ascendente que regresa a codia.  Túbulo contorneado distal: comunica a asa de Henle co tubo colector a onde desembocan varios túbulos distais.
  • 55.
  • 56. 10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS Formación dos ouriños: Consta de varias fases:  Filtrado glomerular: consiste no paso do sangue dende os capilares á cápsula de Bowman. Non pasan células, nin a maioría das proteínas plasmáticas. Fíltrase glicosa, aa, vitaminas, auga e sales minerais e refugallos como a urea e o ácido úrico.  Reabsorción tubular: consiste en recoller nos capilares de arredor parte do líquido filtrado para reaproveitar determinadas substancias: - Túbulo proximal: auga, aa, glicosa, ións Na, K e Cl, urea e vit. - Asa de Henle: descendente: auga/ ascendente:Na e Cl - Túbulo distal: auga e Na.  Secrección tubular: certa cantidade de subtancias son secretadas dende os capilares cara os túbulos da nefrona como K, creatina e algún fármaco... O líquido producido pasa aos tubos colectores- pelve renal-uréter-vexiga urinaria (almacén 0,5 l). Diariamente producidos 1,5 l de urina.
  • 57. 10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS Regulación da concentración da urina:  Os ouriños serán máis ou menos concentrados dependendo da reabsorción de auga na nefrona.  A reabsorción ten un control hormonal pola hormona antidiurética (ADH) segregada pola hipófise.  Se se produce un aumento da concentración de sales no medio interno, segrégase ADH aumentando a reabsorción de auga nos riles e dando lugar a unha urina máis concentrada e facilitando unha maior dilución do medio interno.  Este proceso contribúe a homeostase do medio interno.
  • 58.
  • 60. Bibliografía e webgrafía: - Castillo de la Torre, Aurelio; Meléndez Hevia, Ignacio; Madrid Rangel, Miguel Ángel; Blanco Kroeger, Marcos. 2008.“Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato”. Proxecto A Casa do Saber. Obradoiro-Santillana. Santiago de Compostela. España. http://informaciona.com/el-aparato-excretor/videos http://salud.facilisimo.com/foros/enfermedades/anemia_525006.html http://www.slideshare.net/adaneco/nutricion-28774400 http://www.slideshare.net/EDU3364/tema-10-2-aparato-circulatorio http://www.slideshare.net/laprofedenaturales/tema-9-nutricion-en-animales-ii